ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 10. Pronome persoal: colocar pronomes de solidariedade


a) Tratando de ti a un interlocutor.

1. Vaia zarandón que che caeu esta noite!

2. O meu rapaz case non che proba bocado.

3. Algúns fóronche ao cine ver A lingua das bolboretas.

4. Hoxe téñoche ganas de ver a Minia.

5. Canto che me doeu onte a barriga!

1. Vaia zarandón que caeu esta noite!

2. O meu rapaz case non proba bocado.

3. Algúns foron ao cine ver A lingua das bolboretas.

4. Hoxe teño ganas de ver a Minia.

5. Canto me doeu onte a barriga!

b) Tratando de vostede a un interlocutor.

1. Que si, que lle caían folerpas coma puños!

2. A min pouco lle me gustan, tanto a caza coma a pesca.

3. Fíxoselle alcohólico de tanta cervexa.

4. “Antes habíalle máis decencia”, dixo o Martiño.

5. Contóulleme cada mentira, ese lampantín!

1. Que si, que caían folerpas coma puños!

2. A min pouco me gustan, tanto a caza coma a pesca.

3. Fíxose alcohólico de tanta cervexa.

4. “Antes había máis decencia”, dixo o Martiño.

5. Contoume cada mentira, ese lampantín!

c) Tratando de ti a varios interlocutores.

1. Non vos fumo porque prexudica a saúde.

2. Haivos un libro que trata diso.

3. Vaia sorte que vos tiveron o Paulo e o Moisés coa quiniela!

4. O mestre nunca me vos colleu polas orellas.

5. Onte case vos nevaba.

1. Non fumo porque prexudica a saúde.

2. Hai un libro que trata diso.

3. Vaia sorte que tiveron o Paulo e o Moisés coa quiniela!

4. O mestre nunca me colleu polas orellas.

5. Onte case nevaba.

d) Tratando de vostede a varios interlocutores.

1. Alba estúdalles a lingua deste cornello da Península.

2. Varios deles fóronlles de vacacións a unha casa rural do Incio.

3. Onte rinlles moito cos chistes de Currás.

4. Merqueilles unhas cortinas moi fermosas en Camariñas.

5. Voulles mudar da casa para unha rúa peonil.

1. Alba estuda a lingua deste cornello da Península.

2. Varios deles foron de vacacións a unha casa rural do Incio.

3. Onte rin moito cos chistes de Currás.

4. Merquei unhas cortinas moi fermosas en Camariñas.

5. Vou mudar da casa para unha rúa peonil.

e) Nestas frases pódese colocar o pronome de solidariedade?

1. Non, o suxeito é a 2º persoa.

2. Si. Por exemplo: Marco Polo si que vos viaxou polo mundo!

3. Si. Por exemplo: Como lle mudaron os tempos!

4. Non, o suxeito é a 2º persoa.

5. Non, o suxeito é a 2º persoa.

1. Sempre fuches un bo rapaz.

2. Marco Polo si que viaxou polo mundo!

3. Como mudaron os tempos!

4. Xa movestes outra vez as cadeiras de sitio.

5. Sempre te portaches ben, Elías.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com