ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Preposición. Exercicio 7: completar con preposicións


  1. Non estou contenta co coche, estou disposta a cambialo por outro, se o podo mercar polos mesmos cartos.

  2. O vaqueiro sacou de pistola e preparouse para o asalto.

  3. Entón non se preocupaba de nada, só tiña interese en pasalo ben.

  4. Sorprendeuse pola miña xogada e púxose a mirar para o compañeiro con cara seria.

  5. Fixo un estudio sobre o subsolo da bisbarra e viu que era pobre en ferro e carbón.

  6. Manqueime nunha perna e non teño ganas de traballar nin creo que fose beneficioso para a ferida.

  7. Xa están fartos de loitar contra o racismo, mais teñen de continuar aínda moito tempo.

  8. Os que falaron mal del, que se ateñan ás consecuencias e se deixen de andar coa orella agachada.

  9. Hai un señor que pregunta por Pedro, quere falar con el para participaren xuntos nun negocio.

  10. Está ansioso por esquecerse do asunto e acabar dunha vez cos remorsos que lle produce.

  11. Anda a apañar nos tomates, que é do que vive, mais logo virá xa que ten que coidar da tía que está na cama hai dous anos.

  12. Gústalle tanto o baile que soña con ser un cantante famoso e saír na televisión.

  13. Lembreime de ti porque seica tes influencia no consello de administración.

  14. Olla o neno, está agarrado á mesa roendo nunha onza de chocolate e xa tirou co pan ao chan.

  15. Deixa de bater na porta e tocar a campaíña que vas abouxar os veciños.

  1. Non estou contenta ... o coche, estou disposta ... cambialo ... outro, se o podo mercar ... mesmos cartos.

  2. O vaqueiro sacou ... pistola e preparouse ... o asalto.

  3. Entón non se preocupaba ... nada, só tiña interese ... pasalo ben.

  4. Sorprendeuse ... a miña xogada e púxose ... mirar ... o compañeiro .... cara seria.

  5. Fixo un estudo ... o subsolo ... a bisbarra e viu que era pobre ... ferro e carbón.

  6. Manqueime ... unha perna e non teño ganas ... traballar nin creo que fose beneficioso ... a ferida.

  7. Xa están fartos ... loitar .... o racismo, mais teñen .... continuar aínda moito tempo.

  8. Os que falaron mal ... el, que se ateñan ... as consecuencias e se deixen ... andar ... a orella agachada.

  9. Hai un señor que pregunta ... Pedro, quere falar ... el ... participaren xuntos ... un negocio.

  10. Está ansioso ... esquecerse ... o asunto e acabar dunha vez ... os remorsos que lle produce. 

  11. Anda ... apañar ... os tomates, que é ... o que vive, mais logo virá xa que ten que coidar ... a tía que está ... a cama hai dous anos.

  12. Gústalle tanto o baile que soña ... ser un cantante famoso e saír ... a televisión.

  13. Lembreime ... ti porque seica tes influencia ... o consello ... administración.

  14. Olla o neno, está agarrado ... a mesa roendo ... unha onza de chocolate e xa tirou ... o pan ... o chan.

  15. Deixa ... bater ... a porta e tocar a campaíña que vas abouxar os veciños. 

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com