Preposición. Exercicio 6: en, por, segundo
Segundo: desde o punto de vista de.
Por: introduce o suxeito axente.
Por: modo negativo.
No: suplemento.
Na: repouso no termo do movemento.
En: modo.
Polo: modo.
Por: modo.
En: localización espacial.
No: localización temporal.
Por: lugar impreciso.
Polo: lugar a través do que.
Nese: localización temporal.
Segundo/polo: desde o punto de vista de.
Na: situación na parte superior de.
Por: finalidade.
Por: prezo.
Na: repouso no termo do movemento; nas: suplemento.
Por: duración aproximada; por: suplemento.
Polos: finalidade.
... meu tío isto non ten solución.
Ese vídeo nunca foi visto ... min.
Aínda están as contas ... facer.
Que ben bebe ... o leite o cadeliño!
Vai ... a Coruña buscar o billete para o avión.
Nunca che expuxen as cousas tan ... serio.
Contoumo todo ... o miúdo.
Mándame os paquetes ... barco, que veñen máis seguros.
A casa de Otero Pedraio está ... Trasalba.
Estamos ... o ano máis frío do século.
Busca ... aí, que escoitei un ruído.
Vai sempre ... o camiño máis curto.
... ese tempo aínda ti non saíras da casca do ovo.
... o que din, non estudas nada.
Déixasmo ... a mesa da sala.
Eses barquiños tan lindos fainos só ... diversión.
Custoulle moito e tivo que vendelo ... catro cadelas.
Vai ... a veiga apañar ... as patacas.
Terei que gardar cama ... un ano, así que non agardes ... min.
Foi ... os vasos para servir a laranxada.