ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Preposición. Exercicio 3: para, sen, sobre, desde


  1. Desde: punto de orixe temporal.

  2. Sen: modo negativo.

  3. Sobre: materia de que se trata.

  4. Para: fin dun movemento.

  5. Para: destino.

  6. Sen: privación.

  7. Sobre: tempo impreciso.

  8. Desde: movemento a partir dun punto.

  9. Sobre: situación na parte superior.

  10. Sen: carencia.

  11. Para: finalidade.

  12. Para: momento futuro.

  13. Desde: punto de orixe temporal.

  14. Para: destino, obxectivo; para: tempo decorrido.

  15. Para: momento futuro.

  1. ... onte non probou bocado.

  2. Son as once e aínda tes os exercicios ... facer.

  3. Deu unha conferencia ... as influencias celtas na arte galega.

  4. Este verán non irei ... Baiona pasar a vacacións.

  5. Esta cervexa non é ... ti, que ten alcohol.

  6. Coido que os cans me deixaron ... comida hoxe.

  7. O autobús de Ribadeo chega ... sete.

  8. ... Tui ata aquí haiche a carreiriña dun can.

  9. Esqueceu o chisqueiro que estaba ... a miña mesa.

  10. Decidiuse a facelo ... a miña aprobación.

  11. Non deu unha peseta ... a cacharela de san Xoán.

  12. ... a semana vou ter que pedir cartos emprestados.

  13. ... o día catro non caeu unha pinga.

  14. Anda a estudar ... médico e vai ... dous anos que está en primeiro.

  15. ... cando é logo ese casamento?

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com