ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Preposición. Exercicio 1: identificar as preposicións


  1. a, por mor de, de.

  2. Co gallo de, de.

  3. cabo de, ao pé de, con.

  4. sobre, con, por.

  5. a rentes de, para, a.

  6. a prol de, con.

  7. diante de, a carón de.

  8. En vez de, dentro de.

  9. Desde, fóra de, con, de.

  10. por, de, debaixo de, con, por.

 

  1. Non viñeron á discoteca por mor do exame do instituto.

  2. Co gallo do Día das Letras Galegas fanse cousas que se deberían facer todo o ano.

  3. Senta aquí, cabo de min ao pé do lume, temos que conversar con tempo.

  4. Púxoo sobre o banco, logo colleuno con noxo e tirouno pola xanela.

  5. Pono a rentes do chan para que non lles estorbe aos nenos.

  6. Traballou moito a prol da xustiza e pagáronllo coa indiferenza e o esquecemento.

  7. Agora voume situar decote diante do Miguel e a carón do Daniel.

  8. En vez de levalo, déixao dentro do armario.

  9. Desde onte anda fóra de si cun xenio de mil demos.

  10. Non poñas cara de ferreiro por quedares debaixo de min, xa sabes que xogo con vantaxe pola experiencia.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com