ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Posesivo. Exercicio 3: valores dos posesivos


  1. de meu: en propiedade.

  2. os seus: aproximadamente.

  3. das súas: trasnadas, trapalladas.

  4. os teus: a túa familia.

  5. de seu: en propiedade.

  6. os seus: aproximadamente.

  7. Meu: reforza o sentimento de cariño ou compaixón.

  8. as súas: acción habitual.

  9. O meu: reforza o sentimento de cariño.

  10. de seu: sen axuda allea, por si.

  11. Os meus: a familia.

  12. de seu: por natureza.

  13. cos seus: acción habitual.

  14. de noso: en propiedade.

  15. o noso: reforza o sentimento de cariño ou respecto.

  16. de teu: propio de ti.

  17. os seus: aproximadamente.

  18. Os seus: a familia.

  19. ao seu: o que era normal ou habitual.

  20. súa: del ou dela.

 

  1. Sempre tiven coche de meu.

  2. Este frigorífico custarache os seus cincocentos euros.

  3. Xa andan os da clase do lado a facer das súas.

  4. Polo que vexo, os teus nunca van ao fútbol.

  5. Ese nunca chegará a ter casa de seu.

  6. O Paulo xa che ten os seus vinte anos.

  7. Meu queridiño, que mal o pasou!

  8. Xa tomou as súas píldoras. 

  9. O meu Carliños aínda non vai á escola.

  10. Xesús ten de comer de seu, non pasa fame.

  11. Os meus sempre van no verán á praia.

  12. Aquel cativo era intelixente de seu.

  13. Outra vez vén cos seus chistes baratos.

  14. Temos dúas piscinas de noso.

  15. E logo, como anda hoxe o noso amigo?

  16. É moi de teu deixar todo esparexido polo chan.

  17. Deica a Rúa hai os seus cen quilómetros.

  18. Os seus non a deixan saír despois das dez da noite.

  19. Non creo que volvan xa ao seu.

  20. Fronte súa todas as faces sorrían.

Posesivo
»Exercicio 3
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com