Propomos unha solución, aínda que algunhas frases admiten máis.

  1. Quenquera que te vise, diría que vas espido.
  2. Foron as mesmas que da outra vez.
  3. Non mo dixo ninguén, sabíao eu.
  4. Contra ese mal non hai ningunha solución.
  5. Traballar para outros é máis custoso que ter un traballo propio.
  6. Alguén cho contaría, que ti non o sabías.
  7. Viñeron ambas as dúas con outras amigas.
  8. Dalgunhas persoas non se pode un fiar.
  9. Calquera que fose, ía laiándose coma un can.
  10. Cadaquén ten que apandar coas súas obrigas, ou como din algúns coa súa cruz.
  11. Nalgúns sitios chove máis que noutros.
  12. Vén por aquí algunha persoa que non é do meu agrado.
  13. Non podemos dubidar da inocencia dos dous oficiais, ambos foron vistos a esa hora.
  14. Cando atacou o inimigo, o pánico foi tal que algúns ata perderon os zapatos.
  15. Ía demasiado frío para poder espirse na praia.
  16. Ninguén parece culpábel, mais ten que ser alguén dese grupo.
  17. Noutra tenda venderancho polo mesmo prezo.
  18. Vinme negro, alí non había demasiadas pistas a xeito para aterrar.
  19. Quenquera que fose vai quedar sen castigo.
  20. Cadaquén pague o que lle corresponder, que sempre hai alguén que intenta librar.