ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Conxunción. Exercicio 1: nexos copulativos, disxuntivos, adversativos ou ilativos


  1. Ou marchas ou bótote eu.

  2. Non estaba canso senón un pouco adormentado.

  3. Teño que traballar hoxe por iso non vou á praia.

  4. Xa volve andar ese martelo dálle que dálle.

  5. Dásllo á nai ou ao fillo, ao que estea na casa.

  6. Come o pan e deixa o compango!

  7. Non quixeron queixo nin manteiga.

  8. Non me gustaba mais tiven que o comer.

  9. Non foron en tren, senón que foron en autocar.

  10. Tes que rematar antes das seis e case as son, logo xa podes comezar a traballar.

  1. ... marchas ... bótote eu.

  2. Non estaba canso ... un pouco adormentado.

  3. Teño que traballar hoxe ... non vou á praia.

  4. Xa volve andar ese martelo dálle ... dálle.

  5. Dásllo á nai ... ao fillo, ao que estea na casa.

  6. Come o pan ... deixa o compango!

  7. Non quixeron queixo ... manteiga.

  8. Non me gustaba ... tiven que o comer.

  9. Non foron en tren, ... foron en autocar.

  10. Tes que rematar antes das seis e case as son, ... xa podes comezar a traballar.

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com