ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

O artigo 0: contraccións

  1. Na saída da Alameda bateu cunha amiga da infancia pola que sempre sentiu un grande agarimo

  2. Traballa cun curmán na construción da ponte do tren que pasa polo fondo da vila

  3. Ao iren á festa do seu aniversario expuxéronse ás críticas dos seus inimigos

  4. Xogaban xuntos á billarda, vivían nunhas casas próximas e os dous se apaixonaron polo mesmo equipo de baloncesto

  5. Está entrando unha borrasca polo norte da Coruña, dixéreno na televisión

  6. Vivía nun país afastado, nunha cidade bañada por un río de augas claras

  7. Deu cunha amiga da infancia nas redes sociais mirando no seu móbil

  8. Na película d´A Esmorga recóllense moi ben os ambientes da cidade das Burgas

  9. Iso sae nun capítulo d´Os fillos do mar de Pedro Feijoo, mais non lembro de cal se trata

  10. Naceu no Carballiño, medrou nas Pontes e fíxose cun traballo na Coruña

 

  1. En a ... saída de a ... Alameda bateu con unha ... amiga de a ... infancia por a ... que sempre sentiu un grande agarimo

  2. Traballa con un ... curmán en a ... construción de a ... ponte de o ... tren que pasa por o ... fondo de a ... vila

  3. Ao iren a a ... festa de o ... seu aniversario expuxéronse a as ... críticas de os ... seus inimigos

  4. Xogaban xuntos a a ... billarda, vivían en unhas ... casas próximas e os dous se apaixonaron por o ... mesmo equipo de baloncesto

  5. Está entrando unha borrasca por o ... norte de A ... Coruña, dixérono en a ... televisión

  6. Vivía en un ... país afastado, en unha ... cidade bañada por un río de augas claras

  7. Deu con unha ... amiga de a ... infancia en as ... redes sociais mirando en o ... seu móbil

  8. En a ... película de A ... Esmorga recóllense moi ben os ambientes de a ... cidade de as ... Burgas

  9. Iso sae en un ... capítulo de Os ... fillos do mar de Pedro Feijoo, mais non lembro de cal se trata

  10. Naceu en o ... Carballiño, medrou en as ... Pontes e fíxose con un ... traballo en A ... Coruña

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com