ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

EUCALIPTO

Eucaliptus globulus. Fam das mirtáceas.

Árbore vertical que pode chegar ata os 60 m de altura, de toro recto e cheiro característico. As follas son persistentes, ovais as novas e en forma de fouce as adultas. Segregan unha substancia que seica impide a actividade biolóxica do solo.
Foi Frei Rosendo Salvado quen trouxo os primeiros en 1860 de Australia. Utilizouse como ornamental moito tempo, pero na segunda parte do século XX comezaron as repoboacións intensivas de eucalipto fomentadas polas industrias papeleiras que pagaban ben a madeira de rápido crecemento. Bótaselle a culpa ao eucalipto do empobrecemento do solo, da proliferación de incendios e de que chupa moita auga.
A abella aproveita a flor para o mel de eucalipto moi habitual nas Rías galegas. Os bafos de folla de eucalipto son moi recomendados para aliviar as vías respiratorias de meniños e doentes. O froitos tamén se empregan moito nas alfombras florais de Corpus.

Típico terreo repoboado de eucaliptos:

eucalipto

Achegar comentario

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com