ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Léxico 1. Exercicio 7: Sinalar os prefixos das seguintes palabras e indicar o seu valor 


- Sinalar os sufixos das seguintes palabras e indicar o seu valor (resultado: clic sobre a palabra)
Por exemplo, carballeira: eira = lugar abundante en; fouciño: iño = diminutivo

hiper: moito, exceso - hipersensíbel

iso: igualdade - isotérmico

en: dentro de - encéfalo

co: colaboración - cooperar

hipo: posición inferior, debaixo - hipocentro

ab: intensidade - absorber

a: carencia - ápodo

des: acción contraria - desenvolver

inter: entre - interlocutor

i: negación - iletrado

a: negación - arritmia

trans: a través de - transoceánico

a: negación - anormal

arqui: superioridade - arquiduquesa

di: negación - disentir

circun: en redor de - circunscribir

arce: superioridade - arcebispo

sus: inferioridade - sustentar

hiper: moito, exceso - hipercrítico

pro: movemento para diante - propensión

ex: fóra de - excéntrico

ad: xunto a - adxacente

ad: movemento - admitir

sobre: exceso - sobrecarga

supra: exceso - supranormal

tri: tres - trifásico

per: intensificador - perdurar

contra: oposición - contrapunto

ant: anterioridade - antonte

circum: en redor de - circumpolar

inter: entre - intenacional

pre: anterioridade - predestinar

pos: posterioridade - posposición

si: unión - simetría

epi: enriba, posición superior - epicentro

o: oposición - oposición

ipo: inferioridade - hipótese

intro: movemento para dentro - introspección

meta: mudanza - metafonía

pro: movemento para diante - promotor

re: repetición - recaer

im: movemento para dentro - importar

trans: a través de - transportar

contra: oposición - contraposición

retro: cara atrás - retrógrado

endo: posición interior - endogamia

com: compañía - compadecer

intra: dentro de - intramuscular

es: movemento para fóra - espremer

ante: anterioridade - anteproxecto

dia: por medio de - diámetro

peri: en redor - periscopio

extra: fóra de - extraordinario

anti: oposición - antítese

sub: debaixo de -subcutáneo

de: movemento de riba para baixo -decrecer

dis: negación -discordar

meta: mudanza -metamorfose

anti: oposición -anticlerical

retro: cara atrás -retrovisor

super: superioridade -supermercado

sin: unión -sintonía

ex: movemento para fóra -expectorar

re: movemento para atrás -rucuar

eu: ben, bo -eutanasia

epi: enriba, posición superior -epitelio

epi: enriba -epígrafe

des: negación -desmerecer

sin: unión -sincronía

dia: a través de -diagnóstico

peri: en redor -pericardio

super: posición superior -superposición

endo: posición interior -endoscopio

 

Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com