Ana Acuña
Foto: Ana Acuña, investigadora e ensaísta galega, amiga de ogalego.eu
ogalego.eu - ogalego.gal
son
Vitoria Ogando Valcárcel // Anxo Gon, zález Guerracatedráticos de galego xubilados

DIALECTOLOXÍA da lingua galega

-Selección de anacos de Ben Falado: falas galegas 

-Exercicios prácticos en ogalego.eu


Hai localismos léxicos, palabras propias dunha zona que non se usan noutras pero que son admitidas na lingua estándar: golpe (raposo). E hai variantes dialectais, dialectalismos, que non son recollidas na lingua normativa.

Malia ser o galego unha lingua sen case variante culta durante moitos séculos, mantívose unha grande unidade en todo o territorio sen que en ningún momento os falantes teñan conciencia de falaren linguas diferentes. A baixa consideración dos galegos pola súa lingua levou a que ninguén considerase a súa como o mellor galego, sempre se pensaba que o mellor galego era o doutros lugares (de Lugo, da montaña, das rías...). O mesmo pasaba coas características dialectais, o seseo e a gheada tiñan pouca consideración social e eran corrixidos nas escolas cando se "escabapa" algunha palabra en galego.

Mais todas as variantes locais do galego son unha riqueza que debemos conservar. Aínda que non se recollan na escrita ou na variedade culta hai que recuperalas e mantelas na lingua falada. Cadaquén debe falar de acordo coas características da súa zona e estar fachendoso delas, mesmo se poden recoller na creación literaria, como fan as poetas María Lado ou Lucía Aldao.

Son dialectalismos fonéticos:

- O seseo: sapato, lus, por zapato, luz
- A gheada ghato, reghalo, por gato, regalo
- O ditongo -uipor -oi-: truita, muito, por troita, moito 
- As formas en cua ou gua: cuando, guardar por cando, gardar

Son dialectalismos morfosintácticos:

- Os plurais de formas con –ns: cas-caes/cais ou ladrós - ladrois para cans, ladróns 
- As formas en -án, -á: o irmao / irmau, o irmá, a irmán, fronte ao normativo o irmán - a irmá 

- Os demostrativos: iste, ise, aquil, eso, fronte a este, ese, aquel, iso 

- As terminacións verbais: andais, andandes, andás, por andades; colliu por colleu, sigueu por seguiu

Malia a grande unidade do galego falado acostuman diferenciarse tres grandes bloques dialectais baseándose nunhas poucas isoglosas (liñas que marcan unha forma diferente de dicir algo no territorio). Dentro dos bloques poden sinalarse tamén áreas máis pequenas.

1.-Bloque oriental:

- Plural -n: cais (cans), pantalois (pantalóns), ladrois (ladróns)
- Sufixo -iño: camín (camiño), paxarín (paxariño) , vecín (veciño)
- Ggrupo -ua-: cuatro (catro), cuando (cando), guardar (gardar)
- Baxo
 (baixo), caxa (caixa)

Exemplos: gústanme esas canciois // O gato é moi bonitín // O meu vecín ten cuatro cais // Mira aí, ta guardado na caxa

Áreas do bloque oriental:

- Asturiana: artigo el/l´avolo (avó), mulin (muíño) Ex. l´avolo ta n´el mulín
- Ancaresa:
vogais nasais
- Zamorana
: collí (collín), partí (partín)

2. Bloque central:

- Non seseo: luz, dez, empezar, dicir
- Sufixo -ao: mao, irmao, chao (man, irmán, chan)
- Plural -n: cas (cans), leós (leóns), ladrós (ladróns), calcetís (calcetíns)
- Algunha gheada

Exemplos: a meu irmao caeulle a tixola ao chao // Vin pasar por alí unhos camiós negros // Mercou dous cas de palleiro

Áreas do bloque central:

- Mindoniense: cimo (grelo), golpe (raposo)
- Lucu-auriense: come (cume), bibe (bebe), il (el)

3. Bloque occidental:

- Gheada: logho (logo), amigha (amiga), Lugho (Lugo)
- Seseo total: disir (dicir), cosiña (cociña), des (dez) ou seseo só final de sílaba: lus (luz) mais facer
- Sufixo -an: man, irmán, castelán, chan
- Plural n: uns, algúns, leóns, calcetíns

Exemplos: acende a lus da cosiña // Os tighres non son curmáns dos leóns // Ese xa caeu des veces ao chan

Áreas do bloque occidental:

- Fisterrá: cheísmo (só che pronome, non te)
- Pontevedresa
- Baixo Miño (teísmo, só te, non che)

 

Dialectos

 

- Consello da Cultura Galega: documento interactivo

-Na páxina do Arquivo Sonoro de Galicia pódense escoitar ou descargar textos dialectais

2005-2024