O Carballo de Santa Margarida, é unha das árbores monumentais e emblemáticas de Galicia. Pode ter uns 500 años de antigüidade. Estaba situado nun bosque sagrado da antigüidade. Xa o Padre Sarmiento falou del e recolleu algunhas das coplas populares e curacións que arredor del se producían: Santa Margarita de Monteporreiro que ten o carballo maiore do Reino. Dise que as promesas feitas debaixo del non poden romperse nunca. Foi escollido polo Concello de Pontevedra como símbolo do ano Sarmiento. Está nas afóras de Pontevedra.
Velaquí o Carballo no mes de maio de 2007