Agora xa xubilado e con tempo libre, antes de que a memoria me comece a fallar vouche contar uns poucos contos do que fun vendo polo mundo, Aldán. Para que os poidas ler dentro duns anos cando xa sexas maior e mentres..., ímolos compartindo na Internet.
Anxo González Guerra
Seccións:
-O trasno Serpicán (para 3 anos)
-De cando vin o lobo (para 4 anos)
-O avó e o neto camiño da feira (para 5 anos)
-Natalia e o ogro (para 6 anos)
-O segredo de Loliña (para 6 anos)
-As aventuras de Natalia II (para 7 anos)
LIMIAR
Esta é unha das primeiras fotos que gardo de teu avó contigo en brazos, Aldán. Din que un fillo cambia a vida, e é certo. Pero aínda máis parece cambiala un neto, e iso que ti (polo menos nos primeiros anos) estás lonxe de nós.
Foi co teu nacemento cando se decidiu a comezar a escribir todas esas historias que nas reunións familiares tantas veces lle tiñamos escoitado. Mira que eu lle tiña dito que era moi bo escritor! Mira que lle tiña pedido veces (xa desde que eramos mozos) que escribise algunha historia! Mais nunca se puxo ao choio ata a túa chegada.
Aquí temos o resultado: son para ti, para que os leas moitas veces e nunca esquezas de quen vés sendo.
Vitoria, a túa avoa.
Edición do autor en papel: ISBN: 978-84-16121-51-9 DL: C-1145-2016 Edita: Sacuntos, S. Coop. Galega |
Aldán cos avós Vitoria e Anxo: |
2005-2024 |
ogalego.eu/ogalego.gal ten unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional. |