Galego |
NAI |
PAI |
FILLA |
FILLO |
![]() |
Rato femia |
Rato macho |
Ratiña |
Ratiño |
Non o debemos confundir coa Rata, outro animal semellante e máis grande
Idioma |
NAI |
PAI |
CRÍA |
|
![]() |
Español |
Ratón hembra |
Ratón |
Ratoncito |
![]() |
Portugués |
Rato f. |
Rato |
Ratinho |
![]() |
Francés |
La souris |
La souris |
La petite souris |
![]() |
Inglés |
She mouse |
Mouse |
Mousy |
Os ratos son roedores que teñen un rabo máis longo que o tronco e a cabeza. Parece que son o segundo mamífero máis estendido polo mundo, despois das persoas. Non acostuman vivir máis de tres meses, pero en cautividade poden superar moito esta idade.
Conviviron desde sempre cos humanos nas súas casas, comendo as sobras (teñen fama de que lles gusta moito o queixo), escapando dos gatos ... Escóndense moi ben, non son fáciles de cazar xa que foxen por calquera buraquiño. Por iso aparecen en moitos ditos e contos.