Galego |
NAI |
PAI |
FILLA |
FILLO |
![]() |
Gata Micha Mica |
Gato Micho Mico |
Gatiña Michiña Miquiña |
Gatiño Michiño Miquiño |
Idioma |
NAI |
PAI |
CRÍA |
|
![]() |
Español |
Gata |
Gato |
Gatito |
![]() |
Portugués |
Gata |
Gato |
Gatinho |
![]() |
Francés |
La chatte |
Le chat |
Le chatón |
![]() |
Inglés |
Female cat |
Cat |
Pussy |
O gato foi un animal doméstico moi importante porque era o encargado de manter a casa limpa de ratos ademais de facer compañía. Hoxe como animal de compañía é unha das mascotas máis abundantes no mundo: tranquilos, agarimosos, durmiñóns ... Son moi limpos e aseados (para o que se lamben a miúdo).
Un gato caseño ben coidado vive uns 15 anos, mais o mesmo gato na rúa e mal alimentado vive uns 3 anos.
O rabo longo serve para manter o equilibrio, os dentes e poutas para alimentarse como carnívoros. Ten un corpo con enorme flexibilidade, forza e resistencia. Atura moi ben as caídas desde o alto, por iso se di "ter sete vidas coma os gatos".
Palabras para manexar os gatos:
Para escorrentalos: gaache, gache qui
Para chamalos: mico bis, bis, miquiño