Galego |
NAI |
PAI |
FILLA |
FILLO |
![]() |
Cabra Xena |
Castrón Cabrón Bode Godallo |
Cabuxa Chiba Cabrita |
Cabuxo Chibo Cabrito |
Idioma |
NAI |
PAI |
CRÍA |
|
![]() |
Español |
Cabra Chiva |
Macho cabrío Cabrón |
Cabrito |
![]() |
Portugués |
Cabra |
Bode |
Cabrito |
![]() |
Francés |
La chèvre |
Le bouc |
Le chevreau |
![]() |
Inglés |
Goat |
He-goat |
Kid |
Dise "a cabra tira ao monte" porque o monte é o seu hábitat preferido, están moi adaptadas para saltar, subir polas pedras e comer plantas de difícil acceso. Gústalles a herba da mañanciña con orballo.
É moi valorada pola súa carne, sobre todo as cabuxas e cabuxos, que a carne da cabra é moi dura, ten que cocer moito tempo. Por iso "rillar a cabra" é facer algo que custa moito.
A pel enteira das cabras usábase para facer pelellos nos que se transportaba o viño, o aceite. Parece que a palabra gaita vén dun idioma antigo no que significaba cabra xa que se usaba a pel da cabra para facer o fol da gaita.
O leite da cabra ten menos lactosa que o da vaca polo que é máis recomendable para algunhas persoas con intolerancia á lactosa. Tamén se fan moi bos queixos con leite de cabra.
Os machos emiten un cheiro forte. Hai quen din que os rabaños de cabras achegan moitas pulgas. Estes animais veñen vivindo uns 10 ou 12 anos.
Ás cabras non se lles pon nome.
Ver en vídeo os conto dos sete cabritiños
Pelello de pel de cabra: