Galego |
NAI |
PAI |
FILLA |
FILLO |
![]() |
Cabalo |
Egua Besta |
Poldra |
Poldro |
Idioma |
NAI |
PAI |
CRÍA |
|
![]() |
Español |
Yegua |
Caballo |
Potro |
![]() |
Portugués |
Égua |
Cavalo |
Poldro, potro |
![]() |
Francés |
La jument |
Le cheval |
Le poulain |
![]() |
Inglés |
Horse, stallion |
Mare |
Foal |
Os cabalos levan moitos miles de anos facéndolle compañía aos humanos, foron o seu principal medio de transporte ata que chegaron os vehículos a motor. Os cabalos son fortes, veloces e poden chegar case aos 30 anos de vida.
Os cabalos e as persoas interveñen en moitas actividades competitivas e non competitivas, actividades de traballo como policía, agricultura, entretemento e mesmo terapias. Cando se usan os cabalos e eguas con fins curativos fálase de equinoterapia. Tamén foron usados nas guerras ao longo da historia
A carne de cabalo pode ser moi ben aproveitada (como fan en Monte cabalar). En Galicia temos o Cabalo de Pura Raza Galega.
Só había cabalo ou egua nas casas ricas, e un por casa, para transporte ou carga: curas, médicos, fidalgos. Non se lles acostuma poñer nome.
Aliméntanse moi ben no monte, que manteñen limpo, gustálles moito o toxo tenro. Por iso en moitos montes comunais se crían cabalos.
Os tres xeitos de correr o cabalo/besta son o paso, o trote e o galope.
A pexa (solta) era unha corda ou coiro coa que se lle ataban as dúas patas do mesmo lado para que o animal non puidese saltar os muros dos eidos e escapar.
Unha das festas máis famosas de Galicia é a "rapa das bestas" coma a de Sabucedo: baixan os cabalos do monte, márcanos e córtanlles as crinas.
Palabras para manexar os cabalos, eguas e burros: