Galego |
NAI |
PAI |
FILLA |
FILLO |
![]() |
Cadela |
Can |
Cadeliña |
Cadeliño |
Idioma |
NAI |
PAI |
CRÍA |
|
![]() |
Español |
Perra |
Perro, can |
Perrito |
![]() |
Portugués |
Cão |
Cadela, cachorra |
Cãozito |
![]() |
Francés |
La chienne |
Le chien |
Le chiot |
![]() |
Inglés |
She dog |
Dog |
Puppy |
O can o mellor amigo dos humanos, que rapaz/a non quere ter un can? A vida media dun can en liberdade pode ser duns 12 anos, comparado coa xente, un ano-can sería como sete-anos persoa. Había un dito para explicar a vida dos cans: tres anos de can novo, tres anos de bo can, tres anos de can vello, tres anos de mal can.
Aos cans, ás galias e ás raposas gústanlle moitos as uvas.
Os cans teñen un oído excelente, moito mellor có noso, e poden determinar exactamente de onde procede o ruído. De aí a sorpresa de moitos cativos cando se decatan de que o seu can pode escoitar e recoñecer desde lonxe o ruído do coche da casa onde veñen os amos. Pero sobre todo destaca nos cans o seu sentido especial, o olfacto. Por iso se usan cans na caza pero tamén no salvamento de persoas, na detección de drogas e en tantas cousas nas que non hai máquina que supere a un can. Pola contra case non saben diferenciar os alimentos salgados.
Son moitas as razas de cans, en Galicia destaca o can de palleiro. Leva ese nome porque habitualmente durmía xunto ao palleiro na eira aproveitando a calor da palla. A súa función máis común era axudar co gando e ladrar cando se achegaban estraños.
Os cans e cadelas sempre teñen nome. Trosqui, Nei, León, Rabelo, Negro, Lume, Lúa, Xesta, Linda son nomes que se poñían habitualmente.
Na sociedade urbana actual a maioría dos cans son de compañía, axudan a levar unha mellor vida aos donos.
Os cans son protagonistas de moitas cousas de Castelao