galo

Galego
NAI

PAI

FILLA

FILLO

Bandeira galega

Galiña

Pita

Galo

Capón

Pito

Pitiña

Pitiño

Pito

 
Idioma
NAI
PAI
CRÍA
Bandeira España
Español
Gallina
Gallo, pollo
Pollo, pollito
Bandeira Portugal
Portugués
Galinha
Galo, frango
Pinto
Bandeira Francia
Francés
La poule
Le coq
Le poussin
Bandeira Inglesa
Inglés
Hen
Rooster
Chicken

A galiña é un animal doméstico moi querido e o máis abundante. Achegan os ovos tan importantes na alimentación humana, que en caso de necesidade se venden, sempre por ducias. Ademais os caldos feitos con galiña sempre foron moi apreciados para a xente enferma e para as mulleres que tiñan un bebé. Os polos cebados tamén son unha importante achega de carne. Nos mundos de hoxe a maioría dos ovos e polos son criados en grandes granxas. Mais o galo de curral e os ovos da casa seguen tendo moito valor.

Galiñas, porcos e vacas formán o trío de animais doméscitocos importantes na economía da casa galega.

A galiña semella moi tranquila mais é un animal moi agresivo. Cando chega un novo membro ao poleiro os demais bótanse a el e atácano co peteiro. Os galos pelexan entre eles e sempre hai un galo dominante. Hai quen di que os galos poden poñer un ovo pequeneiro.

Pregunta: se un galo pon un ovo na raia entre Portugal e Galicia, a quen pertence o ovo, aos portugueses ou aos galegos?
Resposta: a ninguén que os galos non poñen ovos!

As galiñas tenden a subir a un alto para pasar a noite cando están en liberdade (para evitar os depredadores), por iso os poleiros se poñían sempre a certa altura cunhas escaleiras para que subisen as pitas. Tamén ventan moi ben a chuvia, ás veces vense as pitas correndo para se recolleren e dalí a un chisco xa empeza a chover. O peor inimigo das galiñas foi sempre a raposa, que as mata, as enterra e logo vainas comendo. Cando alguén mataba unha raposa que fixera algunha desfeita nun galiñeiro penduraba o animal morto nun pau e ía polas casas pedindo ovos ou outra recompensa.

Co seu peteiro a galiña axudaba a manter limpa a eira de vermes, de bichiños, de certas herbas. Comen de todo, son omnívoras, mais prefiren o millo, o centeo, o trigo ... A galiña choca bota 21 días dándolle calor (chocando) aos ovos para que nazan os pitiños.

Máis ou menos ata 4 meses é pito, de 4 meses a un ano é polo, e despois galiña e galo. O capón é nalgúns sitios o galo cebado para carne. Son famosos os capóns de Vilalba.

Disque algunhas galiñas poden chegar a vivir máis de 12 anos.

Palabras para manexar as galiñas: