bacerros

Galego
NAI

PAI

FILLA

FILLO

Bandeira galega

Vaca

Boi

Touro

Becerra
Pucha
Cuxa
Vitela

Becerro
Pucho
Cuxo
Vitelo

 
Idioma
NAI
PAI
CRÍA
Bandeira España
Español
Vaca
Buey, toro
Ternero, becerro
Bandeira Portugal
Portugués
Vaca
Boi, touro
Vitelo
Bandeira Francia
Francés
La vache
Le boeuf
Le veau
Bandeira Inglesa
Inglés
Cow
Bull
Calf

A vaca foi sempre un animal moi importante nas casas galegas. As cortes das vacas estaban na planta baixa e as persoas vivían na 1ª planta, así aproveitábase no inverno a calor dos animais. Ademais os excrementos das vacas serven de esterco para que medren máis as plantas, acostumábase botar toxo no chan da corte e curbrir con algo de palla. Logo sacábase o esterco en carros tirados polas mesmas vacas e bois.

A vaca dá leite para os meniños e para os adultos. Co leite fanse queixos, iogurtes, sobremesas, etc. Ademais aprovéitase a carne dos becerros, tanto para comer como para vender. Pero ademais as vacas xunguíanse e turraban dos carros, dos arados, etc. ata a chegada dos tractores. Ata a orixe das vacinas está relacionada coas vacas!

Galicia sempre foi un país de moitas vacas. A paisaxe sempre verde e con moitos prados de herba facilita a cría e engorde das vacas. Son razas de vacas galegas: a rubia galega, a cachena, a caldelá, a vianesa, a frieiresa, a limiá.

O ubre da vaca ten catro glándulas mamarias ou tetos. As vacas pódense muxir dúas (tres) veces ao día nas explotacións leiteiras. As vacas poden vivir máis de 20 anos.

As vacas sempre teñen nome, son coma da familia. Marela, Vermella, Negra, Parda, Cereixa, Castaña, son nomes de vaca comúns que aluden á cor da pel. Xovenca é a vaca primeiriza e toura a vaca estéril. Neste blog pode verse un listado de ducias de nomes de vaca na columna dereita.

No verán coa moita calor a vaca non atura os ataques das moscas e tabáns polo que bota a correr co rabo levantado, a iso chamaselle moscar ou remoscar.

Vocabulario para tanguer as vacas:

Afalar: manexar, mover a vaca con palabras

Chamar: guiar, manexara a xugada de vacas

Como lle dicimos a unha vaca chamada Linda:

A importancia da vaca vese moi ben na cousa de Castelo "Se eu fose autor":

Se eu fose autor escribiría unha peza en dous lances. A obriña duraría dez minutos nada máis.
LANCE PRIMEIRO
Érguese o pano e aparece unha corte aldeá. Enriba do estrume hai unha vaca morta. Ó redor da vaca hai unha vella velliña, unha muller avellentada, unha moza garrida, dúas rapaciñas bonitas, un vello petrucio e tres nenos loiros. Todos choran a fío e enxoitan os ollos coas mans. Todos fan o pranto e din cousas tristes que fan rir, ditos paifocos de xentes labregas, angurentas e cobizosas, que pensan que a morte dunha vaca é unha gran desgraza. O pranto debe ter unha graza choqueira, para que estoupen de risa os do patio de butacas.
E cando se farten de rir os señoritos baixará o pano.

LANCE SEGUNDO
Érguese o pano e aparece un estrado elegante, adobiado con moito señorío. Enriba dunha mesa de pés ferrados de bronce, hai unha bandexa de prata, enriba da bandexa hai unha almofada de damasco, enriba da almofada hai unha cadeliña morta. A cadela morta semellará unha folerpa de neve. Ó seu redor chora unha fidalgona e dúas fidalguiñas novas. Todas elas fan o pranto e enxoitan as bágoas con paniños de encaixe. Todas van dicindo, unha a unha, as mesmas parvadas que dixeron os labregos diante da vaca morta, ditos tristes que fan rir, porque a morte dunha cadela non é para tanto.

E cando a xente do galiñeiro se farte de rir a cachón, baixará o pano moi a modiño.