Galego | NAI |
PAI |
FILLA |
FILLO |
![]() |
Porca |
Porco |
Porquiña |
Porquiño |
Marrá |
Marrán/Marrao |
Marranquiña |
Marranquiño |
|
Rancha |
Rancho |
Ranchiña |
Ranchiño |
|
Cocha |
Cocho |
Cochiña |
Cochiño |
Idioma |
NAI |
PAI |
CRÍA |
|
![]() |
Español |
Cerda, puerca, marrana |
Cerdo, puerco, marrano |
Lechón, cochinillo |
![]() |
Portugués |
Porca, marrã |
Porco, marrão |
Bácoro, leitão |
![]() |
Francés |
La truie |
Le porc |
Le verrat |
![]() |
Inglés |
Sow, pig |
Boar, pig |
Piglet |
O porco é un animal moi importante na cultura galega tradicional. Normalmente a corte dos porcos estaba preto da cociña xa que os porcos comen de todo, son omnívoros, así que eran os encargados de reciclar as sobras dos humanos (as lavaduras ou encaldada).
A tendencia natural do porco é fozar, revolver o chan co fociño para buscar alimento. Por iso se ferraban os porcos: poñíanselle uns aramios no fociño para que non fozasen e estragasen o terreo. Tamén existía o castrador/capador de porcos, un señor que ía polas casas castrando os porque antes de os cebar, para que logo a carne saiba ben. É curioso que o porco sempre tira para atrás cando se ve atado polo fociño.
A comezos do ano comezaba a cría dos porcos para cebar. Durante o verán xa se lles empezaba a dar moita comida para engordaren. A partir do San Martiño (11 de novembro) xa arrefriaba o tempo e a xente poñíase á matanza dos porcos. O matachín ou matón é o encargado de dirixir a faena: sangra os animais, prepara as carnes e corta os anacos.
Como os porcos achegaban a maior parte da carne que se comía nas casas, os días en que se mataban era unha das maiores festas da aldea. Xuntábase a familia, axudaban os veciños, matábanse os porcos e preparábase toda a carne. Do porco aprovéitase todo: cabeza, orellas, patas, rabo … mesmo o sangue para facer filloas. Fanse chourizos e o resto sálgase para que se conserve todo o ano. Por iso o día ideal para matar os porcos é cando vai frío e hai xeada, a humidade da choiva non é boa para conservar a carne.
Na actulidade o porco segue sendo moi importante na alimentación, boa parte desta carne obtense de animais criados en granxas.
Aos porcos non se lles pon nome, case non se diferencian.
Saber máis sobre as filloas na web dos Parentes
Saber máis sobre a cría de porcos na web dos Parentes
Moi similar é o porco bravo ou xabarín
-Palabras para tanguer os porcos: