filloas

Foto: filloas feitas con sangue de porco

FRASEOLOXÍA SOBRE OS PORCOS

A todo porco lle chega o seu San Martiño: todas as cousas teñen un final

Fillo de porco, marrán seguro: todo se herda dos pais

Pais porcos, fillos marráns:  todo se herda dos pais

Polo San Martiño mata o teu porquiño (a partir do 11 de setembro)

De tres porcos seis touciños, doce patas, tres fociños, seis orellas e tres rabos, trinta anacos ben contados (dito popular para aprender a sumar)

Ter oído de porco: ter oídos fino e sensible, oír moi ben

Ir criado coma un porco: ir mal criado, coma se fose un animal

Ao porco débelo manter se ti o has de comer: hai que lle dar ben de comer ao porco para que críe moita carne

Carne de porco touciño é: a carne de porco ten moita graxa

O que non mata un porquiño non ten lacón nin touciño: hai que matar o porco para ter que comer durante o ano

Tarde ou cedo van os porcos ao cortello: cada un acaba comportándose como ten por costume

 

Cuín, cuín choraba cando a torre se erguía, cuín, cuín calaba cando a torre se alzaba (adiviña: a porca dando de mamar aos porquiños)