gato

FRASEOLOXÍA SOBRE OS GATOS

Cando os gatos lavan a cara, sinal de visita na casa: cando se lamben moito é que vai vir unha visita

O gato saca as uñas cando as ha mester: hai que saber defenderse cando cómpre

Mal lle vai aos gatos cando andan aos gorrións: se teñen que cazar paxaros é porque pasan fame

Máis come o gato dunha vez ca o rato nun mes: o gato come moito, o rato pouco

Con fillos, o gato ben caza o rato: cando ten bocas que alimentar caza mellor

Buscarlle tres pés ao gato / buscarlle cinco pés ao gato: procurar dificultades onde non as hai

Levarse coma o can e o gato: levarse mal, non se entender

Ser catro gatos: ser moi poucos

Dar gato por lebre: facer pasar por bo algo que é moito peor (como poñer carne de gato dicindo que é de lebre)

 

Que animal ten bo olfacto, cazador dentro da casa curruncho a curruncho repasa e lambe se pesca o prato (adiviña: o gato)

Que cousiña será que ten ollos coma o gato, bigotes coma o gato, orellas coma o gato e gato non é (adiviña: a gata)