pitos

FRASEOLOXÍA SOBRE AS GALIÑAS


Cando canta o galo ao mediodía, néboa para o outro día: os galos cantan á mañá cediño, se só fan ao mediodía vai haber néboa

Galiña que cacarexa, algo venta ou ovo pon: cando canta a galiña ou pasa algo ou pon un ovo

Na casa varrida, non pica a galiña: está todo limpo e non ten onde buscar comida

Galiña que non pon, comela ou mellor vendela: se non pon ovos non paga a pena tela

Por San Antón, xa a galiña pon: a partir do 17 de xaneiro as galiñas xa volven poñer ovos despois do período de descanso

Pola vendima vende as túas galiñas, polo Nadal vóveas mercar: en setembro vendelas porque deixan de dar rendemento e volvelas mercar en decembro

Cada galo no seu galiñeiro, cada pola no seu poleiro: onde mellor se está é cada quen cos seus

Deitarse coas galiñas: deitarse moi cedo coma as galiñas

 

Miña nai labroume unha casa sen portas nin ventás e cando quero saír racho antes as ventás (adiviña: o pito)

Casco de grana, gran cabaleiro, capa dourada e espora de aceiro (adiviña: o galo)

Unha señorita moi enseñoritada, chea de remendos sen unha puntada (adiviña: a galiña)

Cucurico non ten ollos, cu nin bico, e os fillos de cucurico teñen ollos, cu e bico (adiviña: o pito e o ovo)

 

Cantiga: miña nai por me casare prometeume canto tiña, agora que me case pagoume cunha galiña