cans

FRASEOLOXÍA SOBRE OS CANS


Ter cara de can: ter moi mal xenio

Ter narices de can: ter bo olfacto, distinguir moi ben os olores

De pequeno, rei; de mozo, galán; de casado, burro; e de vello, can. As etapas da vida das persoas (o rei da casa-meniño, o conquistador mozo, o traballador-marido, o vello que leva unha vida mala coma un can antigamente)

O que ten medo, merca can: os cans son unha boa defensa

O can oubea e o burro ornea: cada un fai o que sabe facer

Mentres o can dorme, o lobo mata e come: mentres o can descansa o lobo ataca os animais

Can de palleiro non quere compañeiro: o can de palleiro comía pouco por iso quería estar só, que outro non lle quitase a comida

 

Teño un amigo de catro patas que vén comigo gardar as vacas (adiviña: o can)

 

Unha sebe tres anos, un can tres sebes, un cabalo tres cans, un home tres cabalos, un corvo tres homes. Dito popular para lles aprender aos rapaces a vida aproximada dos seres. Unha sebe (cerramento feito con pólas) 3 anos, un can 9, un cabalo 27, un home 81... e o do corvo é moi esaxerado, para chamar a atención e fixarse no resto.