FRASEOLOXÍA SOBRE OS CABALOS
Cabalo grande, ande ou non ande: mellor sempre as cousas grandes e boas
A cabalo vello, pouco verde: ao cabalo vello non lle dar herba verde
O que ten bo cabalo ten que saber montalo: hai que saber tratar ben as cousas
Arrédate dos pés da besta, así da grande coma da pequena: porque podes apañar un couce, unha patada
Onde hai eguas nacen poldros: é de lei, onde hai nais haberá fillos
A cabalo regalado non lle mires o rabo: ao que nos vén de agasallo non hai que lle poñer chatas
A cabalo dado non lle mires o dente: o mesmo que o anterior, porque cando se merca un caballo se lle miran os dentes
Quen non monta a cabalo, nunca cae do cabalo: se non facemos nada tampouco imos meter a pata
Os couces das eguas non fan dano aos poldros: as nais sempre miran polos fillos e non os mancan
Ao amigo e ao cabalo non hai que cansalo: mellor non ser pesado nin cos amigos
Besta vella non colle o paso: cando se teñen moitos anos xa é tarde para cambiar ou aprender cousas novas
Unha sebe tres anos, un can tres sebes, un cabalo tres cans, un home tres cabalos, un corvo tres homes. Dito popular para lles aprender aos rapaces a vida aproximada dos seres. Unha sebe (cerramento feito con pólas) 3 anos, un can 9, un cabalo 27, un home 81... e o do corvo é moi esaxerado, para chamar a atención.