vaca

A VACA E O LOBO (conto)


Estaba o lobo botando a sesta e acordou do sono co muar dunha vaca. Púxose en pé e mirou entre as árbores a ver que pasaba. Outra vez escoitou o o bruar da vaca, máis parecía de queixa ca de enfado. Entón pensou que non corría perigo, fixouse ben e viu como a vaca lambía nun becerriño.
-Ai! –dixo o lobo-, quen puidera lamber esa cría coa boa pinta que ten,  que ben sabería se a puidese papar!
E entón o lobo sentiuse forte, ouveou longo. Escoitouno a vaca, ergueu a cabeza, levantou o rabo e …
O lobo lembrou o día en que o perseguira a vaca co rabo levantado e cos cornos afiados coa cabeza baixa bufando, semellaba que lle ía bater  por se achegar ao becerriño que pacía ao seu carón.
-Non, tranquila –berroulle o lobo á vaca- Acougue, comadre, acougue, que non foi nada, eu ouveaba por pasar o tempo.
E logo resmungou baixiño:
-Siii, ti lamber ben lambes… ai se fora eu o que lambía…!