ovellas

A OVELLA E MAILO LOBO (conto)


Cando os animais falaban andaban unha ovella e o seu año pacendo no monte, xa levaban dous días sen saíren e tiñan moita fame.
-Ai mamá, imos, marchamos, que pode vir o lobo e comernos.
-Pace, filliño, pace, que mañá choverá ou nevará ou Deus sabe que tempo fará.
E así falaron varias veces. De súpeto aparece o lobo e dilles:
-Vouvos comer agora mesmo.
-Claro que nos comerás –dixo a ovella- pero eu teño a pel moi dura, mellor que vaias detrás daquelas pedras afiar ben os dentes.
Alá foi o lobo e mentres nai e fillo botaron a correr para escondérense na corte. Cando o lobo non viu as ovellas botou a correr detrás delas. Non as deu pillado pois coas présas a ovella abriu a porta da corte coa boca e o año pechouna co rabo.
O lobo berraba desde fóra:
-Desde que son lobo lobán, non che levei outra carreira en van!
A ovella berraba desde dentro:
-Desde que son vella ruza, non che levei outra escaramuza!
E remataba o año:
-Desde que che son año borrego non che levei outro medo