Test sobre 30 imaxes da vida tradicional nas aldeas
Imaxes 2 a 26 e 30 tiradas na Palloza Museo de Piornedo
Feito con HotPotatoes6 por Anxo G.G. e Vitoria O.V. www.ogalego.eu / www.ogalego.gal
Conta a lenda que esta peneda luguesa a fixo unha moura que ía fiando na roca. Se nos fixamos ben podemos ver:
Un martelo
Unha man pechada
Unha cabeza humana
Un pé xigante
Peza de roupa que levaban as mulleres debaixo da saia para abrigarse. O seu nome é:
Refaixo
Mandil
Faldra
Mantelo
Máquina de coser coa que gañaban a vida moitas mulleres, eran as:
Tecelás
Tecedeiras
Costureiras
Cosedeiras
Peza de roupa feminina moi usada hai anos. O seu nome é:
Xustillo
Refaixo
Mandil
Saión
Velaquí o banco de traballo dun:
Carpinteiro
Escultor
Ebanista
Zoqueiro
A "coroza" cubría case todo o corpo, estaba feita de palla ou xuncos e servía para:
Usar nas cerimonias de invocación aos mortos
Protexerse da choiva
Disfrazarse no Entroido
Protexerse do sol nos días quentes do verán
Estas cascas de árbores cubertas cunha pedra eran os "cortizos" e servían para:
Conservar o viño fresco nas adegas
Acoller os enxames de abellas
Conservar os alimentos frescos
Criar os polos da galiñas
A corda grande recollida usábase para asegurar a carga dos carros, o seu nome é:
Adival
Cordalón
Chicote
Cabo
Os talabarteiros e albardeiros facían as albardas (foto) ou aparellos para burros e mulas. As mulas son as:
Fillas dun mulo e dunha mula
Fillas dun cabalo e dunha egua
Fillas dun burro e dunha egua
Fillas dun burro e dunha burra
Chámanse "bozos" e serven para impedir que o gando vacún paza mentres tira do carro, ara, etc. Falando de vacas, cantos tetos ten no ubre normalmente unha vaca?
3
4
5
6
Estas vellas "cabezadas" eran para poñer na cabeza dun cabalo ou unha egua. A estes animais dábaselles de comer:
Xesta picada
Toxo tenro picado
Fento tenro picado
Landras picadas
O "pelello" estaba feito coa pel dunha cabra. Servía para
Transportar viño ou aceite
Transportar cereais
Gardar os chourizos e salchichóns
Carretar a auga da fonte
Este tambor metálico poñíase ao lume para:
Secar o calzado húmido
Asar a carne de becerro
Secar as noces
Asar as castañas para o magosto
Este aparello usábase na cociña para:
Tomar as bebidas frías con xeo
Preparar o chocolate
Preparar o café
Facer a queimada
Podía ser de graxa, de aceite, de carburo … o seu nome é:
O candil para alumar
O mandil para alumar
A faísca para alumar
O funil para alumar
As mulleres levaban a "sella" na cabeza cunha rolla ou rodela para apoiar. Usábase a sella para:
Levar os cereais ao muíño e traer a fariña
Levar aceite ou viño ás feiras
Carretar a auga da fonte
Levar o leite as leiteiras
"Tear" no que traballaban as mulleres facendo teas, roupas. Esas mulleres eran as:
Tecedoiras
Tecelás
Tecelanas
Texedoiras
"Fuso" e "roca" para tecer como se ve na imaxe:
O algodón
A liñaza
O esparto
A la
Moble da cociña aldeá galega, o seu nome é:
Chineiro
Armario
Cunqueiro
Cómoda
"Romana" para pesar, antes de facelo en quilos facíase en:
Fanegas
Leguas
Ferrados
Libras
Este aparello serve para:
Atrapar paxaros
Atrapar ratos
Atrapar ras
Atrapar cobras
Espello, xerra e palangana para o aseo persoal. Mais “palangana” en bo galego dise:
Almofía
Tina
Palangá
Palancana
Este moble servía para:
Gaiola para coellos
Darlles de comer a gatos ou cans
Cadeira para comeren os meniños que aínda non se teñen
Gaiola para galiñas e galos
O "arado" é un dos aparellos de labranza máis antigos e útiles. Este é un arado
Celta
Suevo
Árabe
Romano
Con el xúntanse dúas vacas ou bois para tiraren dun carro, dun arado … Trátase de:
A grade
O xugo
A canga
A rella
A "gramalleira" é a cadea da que penduran os potes e potas na cociña sobre unha ou varias pedras planas que reciben o nome de:
Chaira
Lareira
Cheminea
Fogón
Muíño vello e sinxelo no que o muiñeiro cobraba quedando cunha parte do cereal, que se chamaba:
A maquía
A quenlla
O trabuco
A facenda
Na imaxe están deixando limpas de follas as espigas do millo, ese traballo é:
O magosto
A espigada
A millada
A esfolla
Motor e dúas máquinas que se usaban no verán para:
Sacarlles os ourizos ás castañas
Mallar os cereais
Mallar as espigas do millo
Secar e almacenar a herba
A "zafra" e o "martelo" servían para cravuñar ou apicar estas ferramentas (a pedra que está no corno é para afiar):