18

anterior

índice

seguinte

AO REVERSO DA NOITE (Manuel Antonio, De catro a catro) reverso: a cara oposta á principal nunha moeda

18º poema do libro e penúltimo. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, o cartafol do vento, a canción, a estrela, a calma, a descuberta, o lecer, o SOS, vén agora a outra cara da noite.

A outra cara da noite (no anterior era a media noite). Ausencia de movemento e negativismo total. Chegada do novo día e fin da travesía

...Luceiros degolados degolados: decapitados, co pescozo cortado polo que están animados
desángranse de ouro no Mar luces marelas
imaxe visual, pictórica, as luces astrais reflíctense no mar de noite

De par de nós ao noso lado, moi próxima, suxeito poético nós
.....................a Lúa
fai ronseis infecundos ronsel: o rastro que vai deixando o barco no mar; infecundos: improdutivos, estériles
tamén a lúa vai deixando o seu rastro, improdutivo, de luz no mar

...Mentres sonea a mareta mentres dormita a mareta: movemento das ondas pequenas que vai producindo o barco. Movemento lento e pausado
vai folleando no libro das velas as velas como follas dun libro, repetido ao longo do libro
podemos entender que é a lúa a que follea no libro das velas mentres sonea a mareta ou que a mareta le no libro da velas

...Irredentos velames exhaustos irredentos: sen redimir, presos; exhaustos: sen forzas, cansos (velas personificadas)
resignados a pendurar da cruz teñen que conformarse con colgar da cruz que forman os mastros coas vergas das que colgan as velas. Parodia? da imaxe do Cristo crucificado
quietude, resignación

...Estrelas inconscientes personalización das estrelas como pouco conscientes, algo tolas
mecanizan o obseso tic-tac o tic-tac do reloxo faise obsesivo no tempo detido
o tempo marcado polo reloxo faise obsesivo e está reflectido nas estrelas

A auga toda dos océanos
ensumiuse nunha bágoa unha bágoa recolle todos os mares nesta fermosa imaxe
este sentimentalismo non é normal nas vangardas

...E o pano branco do novo día chegará o novo día, a luz branca, noutros poemas o pano branco é a vela
enxugará os ollos do ceo. limpará, aclarará o horizonte, fará desaparecer os astros
Xa chegou o novo día. Proceso morrer-renacer, a noite e o día

Trazos da poética máis tradicional:
-Presenza do suxeito poético nós: de par de nós .
-Imaxes ligadas á realidade: a lúa, o mar.
Trazos máis vangardistas:
-As imaxes.
-Léxico extrapoético. Léxico mariñeiro: mareta. Léxico culto: infecundos.
-Ausencia de ritmo, prosaico.
-Ausencia de signos de puntuación.
-Disposición gráfica: a Lúa.
Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema na súa versión orixinal:

Ao reverso d´a noite

...Loceiros degolados
desangran-se de ouro n-o Mar

De par de nós
.....................a Lua
fai ronseles infecundos

...Mentras sonea a mareta
vai folleando n-o libro d'as velas

...Irredentos velamios eshaustos
resiñados a pendurar d'a cruz

...Estrelas inconscentes
mecanizan o ouseso tic-tac

A auga toda d'os oucéanos
ensumeu-se n-unha bágoa

...E o pano branco d'o novo día
enxugará os ollos d'o ceo.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010