ma

anterior

índice

seguinte

O CARTAFOL DO VENTO (Manuel Antonio, De catro a catro) cartafol: caderno de notas ou apuntamentos

11º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, o bar, a balada, vén agora o cartafol do vento.

Comeza cun pasado e despois predomina o presente, un presente inmobilizado no que domina o estatismo, non hai posibilidade de fuxir, non hai vento, non hai alento vital.
Non hai referencias temporais que permitan situar este momento.

...O vento perdeu as follas
do seu cartafol cartafol
...-esas que os chuvascos
.................................mecanógrafos o ruído da choiva como se fose unha máquina de escribir
...teclean no manual dos mastros? mastro: pao vertical onde se sustentan as velas; os chuvascos escriben na velas . Interrogación retórica
Outra imaxe polipétala que afasta a visión da realidade creando unha nova.
O vento perdido.

...As gaivotas non teñen quitasol imaxe humorística; as gaivotas sen tornasol ou sombriña; imaxe humorística
...pero fan raudos equilibrios fan rápidos pinchacarneiros
polo arame transparente no arame (dos equilibristas) transparente
de tódalas ortodrómicas do ceo ortodrómicas: a distancia máis curta entre dous puntos da Terra, que é unha liña recta
Só nos acompañan os voos das gaivotas

O pailebote sen velas pailebote: pequena embarcación con dous paos de goleta. É un veleiro.
...-Serán esas que o vento
levou no seu cartafol? nova interrogación retórica. As velas identifícanse coas follas do cartafol
...Tamén fai equilibrios no ronsel ronsel: a pegada que vai deixando o barco no mar. As gaivotas no ceo, o barco no mar, os dous fan equilibrios
A vida pasada; o barco perdeu as velas e agárrase ao pasado, ao ronsel

...Coa boca aberta
...-cáelle a baba-
...está mirándonos o babión do Sol. babión: torpe, parvo. Sol. Recorrencia fonética: baba, babión.
Outra imaxe humorística. O sol como alguén parado, aparvallado, sen decisión, ollando para as gaivotas, o barco.

Neste poema non hai ambiente nocturno, pero o Sol está parado, aparvallado porque non hai ningún tipo de movemento debido á ausencia de vento e velas. En resume; presente atemporal e estático.

Poema cantado por Maite Dono

Trazos da poética máis tradicional:
-Imaxes ligadas á realidade: gaivotas
- Suxeito poético nós: mirándonos.
- Restos de rima: quitasol-cartafol, velas-aberta . .

Trazos máis vangardistas:
-Ausencia de puntuación.
-Ausencia de ritmo.
-Léxico culto: mecanógrafas, ortodrómicas .
-A disposición gráfica: mecanógrafos.
-Introdución de incisos: entre guións.
-Imaxes humorísticas.

Contribúe co teu comentario ou suxestión

Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel

Véxase agora o poema de Manuel Antonio na súa versión orixinal:

O cartafol d´o vento

...O vento perdeu as follas
d'o seu cartafol
...-esas que os chuvascos
.................................mecanógrafos
...tecolean n-o manual d'os mastros?
...As gavotas non teñen quitasol
...pero fan raudos equilibrios
po-lo aramio transparente
de todal-as ortodrómicas d'o ceo
O pailebote sin velas
...-Serán esas que o vento
levou n-o seu cartafol?
...Tamén fai equilibrios n-o ronsel
...C'a boca aberta
...-cai-lle a baba-
...está mirándo-nos o babión d'o Sol.

Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010