ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 7. Ortografía


  1. baca: plataforma dos coches vaca: mamífero común que dá leite

  2. barón: título nobiliario varón: o oposto a muller

  3. bacante: sacerdotisa vacante: que non está ocupado

  4. barra: peza metálica varra: subxuntivo de varrer

  5. barro: masa de auga e terra varro: presente de varrer

  6. boa: serpe; feminino de bo –voa: presente de voar

  7. bacilar: relativo aos bacilos vacilar: dubidar

  8. bascular: oscilar, facer un movemento en sentido vertical vascular: relativo aos vasos sanguíneos

  9. bocal: embocadura da gaita ou doutro instrumento musical -vocal: relativo á voz

  10. baga: cápsula que contén a semente dalgunhas plantas vaga: onda grande; preguiceira

  11. basto: mesto, que está moi xunto vasto: extenso, amplo

  12. botar: facer saír; dar botes votar: depositar o voto

  13. bago: uva vago: non concreto

  1. bate: presente de bater –vate: poeta

  2. boto presente de botar –voto: presente de votar; sufraxio; promesa

  3. balor: mofo –valor: valentía

  4. bela: fermosa vela: vixilia; pano do barco

  5. bou: embarcación vou: presente de ir

  6. ben: oposto a mal–ven: presente de ver; imperativo de vir

  7. cabo: promontorio; final; etc. cavo: presente de cavar

  8. rebelar: poñer en contra revelar: dar a coñecer

  9. bario: metal, símbolo Ba vario: variado

  10. nabal: leira na que hai nabos naval: relativo ás naves

  11. be: letra ve: presente de ver

  12. acerbo: acedo, áspero acervo: conxunto de bens comúns

  13. rabo: apéndice da columna vertebral ravo: planta de raíz comestible

»Ortografía
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com