ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 3. Ortografía: poñer o til


  1. Na rúa onde vivía miña tía había un baúl que só se vía de día, aínda que de noite saía a lúa e o iluminaba.

  2. Colleu a agulla, pinchou o dedo, botou sangue e pediu auxilio. Tomei unha gasa e non me serviu, collín unha toalla e púxenlla.

  3. Dixo el que hoxe á tarde é o mellor día para ir aos cogomelos e ás castañas.

  4. No tempo dos apóstolos había uns homes moi bárbaros que subían ás árbores e comían os pexegos.

  5. A avoa colleu o fío e pediu a agulla para ir coser ao seu cuarto.

  6. Helena toca a harmónica na horta mentres Henrique varre coa vasoira.

  7. O exterior esquerdo do Marín é estranxeiro, mais xoga máis e mellor que os de aquí.

  8. Nós somos así; aínda que nos ofrecían algúns cartos, negámonos a saír pola televisión.

  9. Xamais pensei en Elías, el non é o rei do xogo. Todos os anos o botan dos equipos nos que xoga.

  10. Non esaxero se digo que é estraño ser bilingüe aquí, aínda que hai algúns que o son.

  11. O avogado recibiu o acusado na rúa e colleu un taxi vermello.

  12. Aí había uns homes moi divertidos que partían ovos coas balas de pistola que atoparon nun oco da parede.

  13. Para cumprir as nosas leis, traían os papeis traducidos á nosa lingua e así xamais entraban no cárcere.

  14. Vós vivistes nun país que trataba ben as mulleres. Alí nunca houbo discriminación sexual.

  15. Ás catro da tarde, as dúas irmás decidiron ir á casa da avoa levarlle a tarta que compraran.

  16. Cómpre falar co teu curmán Brais para convencelo de que compre aquel boneco e llo dea a Laura.

  17. Dálle as grazas a esa amiga da túa nai; porque se non llas dás, vouche tirar das orellas.

  18. Ten dó de min e mais do teu amigo, que non quixemos ofenderte.

  19. Estou convencido de que é difícil aprendelo e aínda máis lembralo despois, mais farei un esforzo por intentalo.

  20. Como lle fagas o nó á gravata tan apertado, non poderás abotoar a camisa no pescozo.

  21. Nós sabemos que nos bosques hai moitos animais descoñecidos, mais nunca nos levaron a eles para que os puidésemos ver no seu hábitat.

  22. Sabedes o que hai que facer para pór un libro sobre aquela mesa? Entrar pola porta, pasar por todo o cuarto e procurar non topar coa cadeira que está ao lado dela.

  23. Dime dunha vez se vés ao cine ou non vés. Eu penso que debes vir, non ves que se non, non terás outra oportunidade de ver esa película?

  24. Mirade, o rapaz do que falamos vén entre todos aqueles que levan gafas porque non ven ben e el é o que menos ve.

  25. Xa vos dixen que nunca o virades, agora que se vós insistides en que o coñecedes, será certo.

  26. Só sei que pola túa culpa, o gato rompeu a póla da laranxeira, porque o asustaches e agatuñou por ela espantado.

  27. Facilmente sería así como tería que suceder: as súas dúas tías terían que saír pola rúa, aínda que non era de día nin estaba a lúa.

  28. Colleu unha chave, abriu a porta e saíu. Pediu un taxi, mais non había alí ningún taxi. Berrou moito e nada, non veu ninguén. Ademais despois empezou a chover.

  29. Na nosa lingua as bágoas son fáciles de recoñecer.

  30. As augas quentes son moi típicas de Ourense, chámanse As Burgas.

  31. María é curmá de Matías e irmá de Elías, o que vivía en Marín.

  32. Dixo o chofer do arcebispo que a atmosfera que se respira na arquidiocese non é a que lle gusta á elite dos cregos

  33. Non foi á Olimpíada por ter a rubéola, polo que pasou un verán moi anódino.

 

  1. Na rua onde vivia miña tia habia un baul que so se via de dia, ainda que de noite saia a lua e o iluminaba.

  2. Colleu a agulla, pinchou o dedo, botou sangue e pediu auxilio. Tomei unha gasa e non me serviu, collin unha toalla e puxenlla.

  3. Dixo el que hoxe a tarde e o mellor dia para ir aos cogomelos e as castañas.

  4. No tempo dos apostolos habia uns homes moi barbaros que subian as arbores e comian os pexegos.

  5. A avoa colleu o fio e pediu a agulla para ir coser ao seu cuarto.

  6. Helena toca a harmonica na horta mentres Henrique varre coa vasoira.

  7. O exterior esquerdo do Marin e estranxeiro, mais xoga mais e mellor que os de aqui.

  8. Nos somos asi; ainda que nos ofrecian alguns cartos, negamonos a sair pola television.

  9. Xamais pensei en Elias, el non e o rei do xogo. Todos os anos o botan dos equipos nos que xoga.

  10. Non esaxero se digo que e estraño ser bilingüe aqui, ainda que hai alguns que o son.

  11. O avogado recibiu o acusado na rua e colleu un taxi vermello.

  12. Ai habia uns homes moi divertidos que partian ovos coas balas de pistola que atoparon nun oco da parede.

  13. Para cumprir as nosas leis, traian os papeis traducidos a nosa lingua e asi xamais entraban no carcere.

  14. Vos vivistes nun pais que trataba ben as mulleres. Ali nunca houbo discriminacion sexual.

  15. As catro da tarde, as duas irmas decidiron ir a casa da avoa levarlle a tarta que compraran.

  16. Compre falar co teu curman Brais para convencelo de que compre aquel boneco e llo dea a Laura.

  17. Dalle as grazas a esa amiga da tua nai; porque se non llas das, vouche tirar das orellas.

  18. Ten do de min e mais do teu amigo, que non quixemos ofenderte.

  19. Estou convencido de que e dificil aprendelo e ainda mais lembralo despois, mais farei un esforzo por intentalo.

  20. Como lle fagas o no a gravata tan apertado, non poderas abotoar a camisa no pescozo.

  21. Nos sabemos que nos bosques hai moitos animais descoñecidos, mais nunca nos levaron a eles para que os puidesemos ver no seu habitat.

  22. Sabedes o que hai que facer para por un libro sobre aquela mesa? Entrar pola porta, pasar por todo o cuarto e procurar non topar coa cadeira que esta ao lado dela.

  23. Dime dunha vez se ves ao cine ou non ves. Eu penso que debes vir, non ves que se non, non teras outra oportunidade de ver esa pelicula?

  24. Mirade, o rapaz do que falamos ven entre todos aqueles que levan gafas porque non ven ben e el e o que menos ve.

  25. Xa vos dixen que nunca o virades, agora que se vos insistides en que o coñecedes, sera certo.

  26. So sei que pola tua culpa, o gato rompeu a pola da laranxeira, porque o asustaches e agatuñou por ela espantado.

  27. Facilmente seria asi como teria que suceder: as suas duas tias terian que sair pola rua, ainda que non era de dia nin estaba a lua.

  28. Colleu unha chave, abriu a porta e saiu. Pediu un taxi, mais non habia ali ningun taxi. Berrou moito e nada, non veu ninguen. Ademais despois empezou a chover.

  29. Na nosa lingua as bagoas son faciles de recoñecer.

  30. As augas quentes son moi tipicas de Ourense, chamanse As Burgas.

  31. Maria e curma de Matias e irma de Elias, o que vivia en Marin.

  32. Dixo o chofer do arcebispo que a atmosfera que se respira na arquidiocese non e a que lle gusta a elite dos cregos 

  33. Non foi a Olimpiada por ter a rubeola, polo que pasou un veran moi anodino 

»Ortografía
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com