ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 16. Ortografía.


Desígnase co nome de Meseta do Irán a unha vasta zona en forma de trapecio que se estende entre os ríos Indo e Tigris, desde os montes Indukus ata os golfos Omán e Pérsico. Na parte noroeste de dita rexión achábase a Media, cun solo quebrado e montañoso, chea de prados onde se criaban excelentes cabalos. Ao sur desta comarca estendíase a Persia, país areento e pobre.

Os arios, que nunha época remotísima invadiran a Persia e a Media, disputando esta comarca cos indíxenas que a ocupaban, non tardaron en sufriren a dominación dos seus poderosos veciños, os asirios, que reduciron a Media a provincia do seu Imperio, gobernada por xefes militares.

O país estaba dividido entre xefes independentes. Considérase a Ciaxares como o fundador do Imperio Medo. O seu fillo Astiaxes, cruel e supersticioso, foi o último rei privativo da Media. Foi derrotado nunha sublevación do persa Ciro, quizais seu neto, que despois reuniu as coroas da Persia e da Media co nome de Ciro II. Máis que conquista o que houbo foi mudanza de dinastías, o mesmo exército medo se uniu a Ciro e entregoulle a Astiaxes. Antes os reis medos gobernaran a persas e medos, desde agora a dinastía persa gobernará a medos e persas.

Os persas eran, como os medos, de raza aria e tamén se fusionaron cos primitivos moradores da Persia conservando a súa nativa rudeza. Estaban organizados en tribos, sendo a principal a dos Aquemínedes, á que pertencía o pai de Ciro.

A vida de Ciro II o Grande está repleta de elementos fabulosos. Conta a tradición que foi condenado a morte moi noviño, salvado e criado por un pegureiro, fíxose un guerreiro famoso e matou o seu avó, convertendo o reino da Media en provincia do da Persia. Logo declarou a guerra a Creso, rei da Lidia e moi famoso polas súas riquezas; gañou a batalla, conquistou a capital e incorporou o reino ao seu Imperio. Despois loitou contra Nabónides, rei de Babilonia; rapidamente o derrotou e se fixo dono da grande cidade caldea. O seu fillo Cambises dominou o Exipto e Darío, fillo de Cambises, chegou ata a Europa enfrontándose aos gregos.

A relixión dos medos e persas foi o Mazdaísmo. Segundo os seus crentes arranca de Zarathustra -Zoroastro para os gregos- que viviu nesta rexión realizando toda sorte de prodixios. Os libros sagrados que conteñen a doutrina do fundador levan o título de Zend-Avesta por estaren escritos no idioma Zend.

desígnase co nome de meseta do irán a unha vasta zona en forma de trapecio que se estende entre os ríos indo e tigris desde os montes indukus ata os golfos omán e pérsico na parte noroeste de dita rexión achábase a media cun solo quebrado e montañoso chea de prados onde se criaban excelentes cabalos ao sur desta comarca estendíase a persia país areento e pobre

os arios que nunha época remotísima invadiran a persia e a media disputando esta comarca cos indíxenas que a ocupaban non tardaron en sufriren a dominación dos seus poderosos veciños os asirios que reduciron a media a provincia do seuiImperio gobernada por xefes militares

o país estaba dividido entre xefes independentes considérase a ciaxares como o fundador do imperio medo o seu fillo stiaxes cruel e supersticioso foi o último rei privativo da media foi derrotado nunha sublevación do persa ciro quizais seu neto que despois reuniu as coroas da persia e da media co nome de ciro II máis que conquista o que houbo foi mudanza de dinastías o mesmo exército medo se uniu a ciro e entregoulle a astiaxes antes os reis medos gobernaran a persas e medos desde agora a dinastía persa gobernará a medos e persas

os persas eran como os medos de raza aria e tamén se fusionaron cos primitivos moradores da persia conservando a súa nativa rudeza estaban organizados en tribos sendo a principal a dos aquemínedes á que pertencía o pai de ciro

a vida de ciro II o grande está repleta de elementos fabulosos conta a tradición que foi condenado a morte moi noviño salvado e criado por un pegureiro fíxose un guerreiro famoso e matou o seu avó convertendo o reino da media en provincia do da persia logo declarou a guerra a creso rei da lidia e moi famoso polas súas riquezas gañou a batalla conquistou a capital e incorporou o reino ao seu Imperio despois loitou contra nabónides rei de babilonia rapidamente o derrotou e se fixo dono da grande cidade caldea o seu fillo cambises dominou o exipto e darío fillo de cambises chegou ata a europa enfrontándose aos gregos

a relixión dos medos e persas foi o mazdaísmo segundo os seus crentes arranca de Zarathustra -zoroastro para os gregos- que viviu nesta rexión realizando toda sorte de prodixios os libros sagrados que conteñen a doutrina do fundador levan o título de Zend-Avesta por estaren escritos no idioma zend

»Ortografía
»Exercicio 1

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com