ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 15. Ortografía.


Nenos e novas tecnoloxías. Afonso Vázquez-Monxardín. 6-3-10. La Región 
A ver se me explico ben, que a cousa ten moitas reviravoltas e todos andamos nela. Por primeira vez na historia da humanidade hai hoxe unha preadolescencia e adolescencia que sabe da tecnoloxía de vangarda moito máis que os seus pais e que a maioría dos profesores. Antes un pai ensináballe a enxertar a un fillo, un xastre a cortar ao seu aprendiz, ou un obreiro da construción a facer masa ao axudante. E así, os que non querían estudar, a pesar da rebeldía propia da adolescencia, eran conscientes da xerarquía de coñecementos e desexaban ter canto antes un oco laboral no que empezar a aprender cousas que lle habían ser, pensaban, máis útiles e rendibles na vida que o que se lles pegaba dun contexto escolar que non os seducía. Integrábanse na sociedade polo traballo. A outra vía. ¡Ah! Pero isto era antes. Agora, a explosión da microtecnoloxía comunicativa e de ocio nun momento de bonanza económica, fixo chegar ás familias un universo de aparellos –sobre todo telefonía, cámaras, ordenadores, MP3, Ipod, Game Boy, Play Station, Wii, DVDs- cos que, sen dúbida, están máis familiarizados os máis novos da casa. 
Os que aprenderon de nenos esa linguaxe botón que tanta graza nos facía ao principio (Mira que riquiña, anda co chupete e xa sabe pór películas no vídeo) agora colleron o mando non só do televisor senón, a pouco que os deixemos, da casa toda. ¿E como foi a cousa? Unha conxunción de moitos elementos. Por unha banda o lixo televisivo situou ao espectador de chupete –tipo Maggie Simpson- ante a realidade de que unha vez dominada a palabra aínda que sexa a niveis primitivos, todo o emitido por calquera boca ten validez semellante e relativa apoiada na desfachatez e na xesticulación como elementos argumentativos básicos. Xa pode un Nobel dicir que a Lúa é un satélite da Terra, que un tertuliano guaperas e simpático lle pode contestar tan pancho: “Eso te parece a ti, viejo, pero yo sé que es un queso”, todos rin e a continuación, votación democrática: os que crean que é un satélite que chamen ao número X e os do queixo a Z. Gaña o queixo, claro.  
Por tamén, ese xa natural dominio da linguaxe botón que aprenderon sós, con proba-erro, fai que nos elementos menos espabilados deles, se cuestione a posibilidade de aprender algo de quen non fale con soltura esa linguaxe. Simplemente, ¿que podo aprender eu deste burro (pai, profesor...) que nin sabe baixar música do Emule ou co Aris? ¿Ou desta ignorante (avoa, nai, profesora) que nin sabe mandar mensaxes polo móbil? E crearon un mundo blindado -aquí o Tuenti- no que se “ciberrelacionan” para ben e para mal. Para ben por varias cousas e para mal por moitísimas que sabemos ou tememos. E aquí, digo, é obriga dos pais saber con quen andan seus fillos –na rúa e no ciberespazo- e é necesidade dos pais actualizárense tecnoloxicamente para poder exercer de pais tamén nese novos mundos. Evidentemente no ensino existe preocupación e todos tratamos de impedir que se fagan gravacións indebidas nos colexios e fomentamos a boa relación entre os estudantes. Pero se ligan, rifan, ou se insultan ás dúas, tres ou catro da mañá desde os seus dormitorios interconectados no ciberespazo, xa lles é cousa bastante fóra do noso control. Pero non debía ser do seu, señor pai, señora nai. Non debía ser.

 

Nenos e novas tecnoloxías. Afonso Vázquez-Monxardín. 6-3-10. La Región 
A ver se me explico ben que a cousa ten moitas reviravoltas e todos andamos nela por primeira vez na historia da humanidade hai hoxe unha preadolescencia e adolescencia que sabe da tecnoloxía de vangarda moito máis que os seus pais e que a maioría dos profesores antes un pai ensináballe a enxertar a un fillo un xastre a cortar ao seu aprendiz ou un obreiro da construción a facer masa ao axudante e así os que non querían estudar a pesar da rebeldía propia da adolescencia, eran conscientes da xerarquía de coñecementos e desexaban ter canto antes un oco laboral no que empezar a aprender cousas que lle habían ser pensaban máis útiles e rendibles na vida que o que se lles pegaba dun contexto escolar que non os seducía integrábanse na sociedade polo traballo a outra vía ¡Ah! Pero isto era antes agora a explosión da microtecnoloxía comunicativa e de ocio nun momento de bonanza económica fixo chegar ás familias un universo de aparellos –sobre todo telefonía cámaras ordenadores MP3 Ipod Game Boy Play Station Wii DVDs- cos que sen dúbida están máis familiarizados os máis novos da casa
Os que aprenderon de nenos esa linguaxe botón que tanta graza nos facía ao principio (Mira que riquiña anda co chupete e xa sabe pór películas no vídeo) agora colleron o mando non só do televisor senón, a pouco que os deixemos da casa toda ¿E como foi a cousa? Unha conxunción de moitos elementos por unha banda o lixo televisivo situou ao espectador de chupete –tipo Maggie Simpson- ante a realidade de que unha vez dominada a palabra aínda que sexa a niveis primitivos todo o emitido por calquera boca ten validez semellante e relativa apoiada na desfachatez e na xesticulación como elementos argumentativos básicos xa pode un Nobel dicir que a Lúa é un satélite da Terra, que un tertuliano guaperas e simpático lle pode contestar tan pancho: “Eso te parece a ti viejo pero yo sé que es un queso” todos rin e a continuación votación democrática: os que crean que é un satélite que chamen ao número X e os do queixo a Z gaña o queixo claro  
Por tamén ese xa natural dominio da linguaxe botón que aprenderon sós con proba-erro fai que nos elementos menos espabilados deles se cuestione a posibilidade de aprender algo de quen non fale con soltura esa linguaxe simplemente ¿que podo aprender eu deste burro (pai, profesor...) que nin sabe baixar música do Emule ou co Aris? ¿Ou desta ignorante (avoa na, profesora) que nin sabe mandar mensaxes polo móbil? E crearon un mundo blindado -aquí o Tuenti- no que se “ciberrelacionan” para ben e para mal para ben por varias cousas e para mal por moitísimas que sabemos ou tememos e aquí digo é obriga dos pais saber con quen andan seus fillos –na rúa e no ciberespazo- e é necesidade dos pais actualizárense tecnoloxicamente para poder exercer de pais tamén nese novos mundos evidentemente no ensino existe preocupación e todos tratamos de impedir que se fagan gravacións indebidas nos colexios e fomentamos a boa relación entre os estudantes pero se ligan rifan ou se insultan ás dúas tres ou catro da mañá desde os seus dormitorios interconectados no ciberespazo xa lles é cousa bastante fóra do noso control pero non debía ser do seu señor pai señora nai non debía ser

»Ortografía
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com