ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 14. Ortografía: poñer o til e b/v


Agora podo lembralo todo. Viviamos nas aforas de Viena, nun dos distritos novos, nunha urbanización con espléndidas vistas ao Danubio. Non había moito tempo que nos mudaramos a unha casa de dúas plantas, piscina propia, canchas de tenis comunitarias e todo en medio dunha veciñanza igual de selecta. O sol alumeando a fachada de casa rosada de enfronte tróuxome esta mañá á mente a imaxe dunha festa. Celebrabamos algo, non podería concretar que. Polo xardín había carpas para convidados  porque, coma sempre en Viena, ameazaba con chover arreo e eu estou anoándome unha gravata mentres fumo cun coñecido. Lembro os trazos da súa cara, o nome non. Falamos e tomamos un aperitivo,  as copas están dispostas sobre as mesas regularmente, son brillantes, hixiénicas, cristalinas, e locen unha oliva insertada nun escarvadentes. Estou contento, fumo e río sen parar, o home que me acompaña fai comentarios luxuriosos sobre cada unha das mulleres que van entrando e desfilan ao lonxe ante a nosa vista. Eu río, véxome desde fóra de min mesmo… (Teresa Moure, A intervención)

Agora podo lem..ralo todo. ..i..iamos nas aforas de ..iena, nun dos distritos no..os, nunha urbanizacion con esplendidas ..istas ao Danu..io. Non ha..ia moito tempo que nos mudaramos a unha casa de duas plantas, piscina propia, canchas de tenis comunitarias e todo en medio dunha ..eciñanza igual de selecta. O sol alumeando a fachada da casa rosada de enfronte trouxome esta maña a mente a imaxe dunha festa. Cele..ra..amos algo, non poderia concretar que. Polo xardin ha..ia carpas para con..idados  porque, coma sempre en ..iena, ameaza..a con cho..er arreo e eu estou anoandome unha gra..ata mentres fumo cun coñecido. Lem..ro os trazos da sua cara, o nome non. Falamos e tomamos un aperiti..o,  as copas estan dispostas so..re as mesas regularmente, son ..rillantes, hixienicas, cristalinas, e locen unha oli..a insertada nun escar..adentes. Estou contento, fumo e rio sen parar, o home que me acompaña fai comentarios luxuriosos so..re cada unha das mulleres que ..an entrando e desfilan ao lonxe ante a nosa ..ista. Eu rio, ..exome desde fora de min mesmo… (Teresa Moure, A intervención).

»Ortografía
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com