ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 13. Ortografía.


Tranquilo, home, para mañá está, e logo pódeno inaugurar as veces que queiran. Ben, pois enterralo logo, pero fale co capataz, que está alí, e dígalle que vaia chamando ó da grúa que isto vai estar e así que estea o cemento botado, logo lle hai que poñe-la pedra enriba. Non sei, será da Xunta, leva toda a tarde por aí, dando voltas. Anda, oh, pásamo prendido que eu estou nesto. Hache de estar nalgún bar da Porta do Camiño, estes das grúas escápanlle ó traballo que mete medo. Ai, seranche dúas toneladas ben. Iso? Dúas toneladas, dígocho eu. Se non é pola grúa esta, fan falla trinta homes, aínda non chegan. Pero vaia tumba. Home, non será, pero a ti e mais a min non nos han facer unha tumba así, nin tanta cerimonia. Nun caixón aínda te metía eu a ti, e despois cravábao ben e tirábao polo río abaixo. Pois coa tampa facía unha boa mesa para poñer diante da casa embaixo da parra. Ou aínda máis, ti mira iso fixérono entre varios homes, ponlle que tres, abaixo de quince días non lles levou, logo transportalo no camión, e a grúa esta, nós levamos aquí toda unha tarde, e logo, pensas ti que a cerimonia de mañá non custa cartos? Polo menos dous millóns. Ai non, que ó saír de aquí non che van tomar unha boa mariscada e uns albariños... Non, oh, pois do millón e medio non baixa. Políticas. Quere dicir Buenos Aires e eses números é o ano en que morreu Nunca estivestes? Pois éche un porto de mar. E ben... éche un lugariño feito, é indo cara Ribeira, collendo á man esquerda. E aquí estamos nós, facendo un traballo de categoría, de primeira. Sonche políticas todo. (Suso de Toro, Polaroid)

Tranquilo, home, para maña esta, e logo podeno inaugurar as veces que queiran. Ben, pois enterralo logo, pero fale co capataz, que esta ali, e digalle que vaia chamando o da grua que isto vai estar e asi que estea o cemento botado, logo lle hai que poñe-la pedra enriba. Non sei, sera da Xunta, leva toda a tarde por ai, dando voltas. Anda, oh, pasamo prendido que eu estou nesto. Hache de estar nalgun bar da Porta do Camiño, estes das gruas escapanlle o traballo que mete medo. Ai, seranche duas toneladas ben. Iso? Duas toneladas, digocho eu. Se non e pola grua esta, fan falla trinta homes, ainda non chegan. Pero vaia tumba. Home, non sera, pero a ti e mais a min non nos han facer unha tumba asi, nin tanta cerimonia. Nun caixon ainda te metia eu a ti, e despois cravabao ben e tirabao polo rio abaixo. Pois coa tampa facia unha boa mesa para poñer diante da casa embaixo da parra. Ou ainda mais, ti mira iso fixerono entre varios homes, ponlle que tres, abaixo de quince dias non lles levou, logo transportalo no camion, e a grua esta, nos levamos aqui toda unha tarde, e logo, pensas ti que a cerimonia de maña non custa cartos? Polo menos dous millons. Ai non, que o sair de aqui non che van tomar unha boa mariscada e uns albariños... Non, oh, pois do millon e medio non baixa. Politicas. Quere dicir Buenos Aires e eses numeros e o ano en que morreu Nunca estivestes? Pois eche un porto de mar. E ben... eche un lugariño feito, e indo cara Ribeira, collendo a man esquerda. E aqui estamos nos, facendo un traballo de categoria, de primeira. Sonche politicas todo. (Suso de Toro, Polaroid)

»Ortografía
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com