ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 9. Verbo 1. De copretérito a pretérito


  1. Eu non puiden con aquel saco de cemento.

  2. Cando ela quixo, puxo unha cara de defunto estarrecedora.

  3. Daquela nunca dixestes unha verdade.

  4. Segundo ti, eu fun o que mellores notas levou/levei.

  5. Como non lle coubo todo na botella, bebeu o sobrante.

  6. Como non puidestes conseguilo, non vos interesou.

  7. Como fomos de vagar, non nos molestou a xeada.

  8. Cando a situación se recompuxo, houbo unha nova crise mundial.

  9. Cando me contradixeron, saltáronme os nervios.

  10. Non souben eu o que pasou de alí en diante.

  11. Fuches ao traballo cando te avisei da folga.

  12. Mentres trouxemos os tixolos, eles foron facendo a masa.

  13. Vin eu tan despistado, que batín de fociños cun semáforo.

  14. En 1963 Alba tivo unha casiña na Lanzada.

  15. Como non conviñemos nada, disolveuse a xuntanza.

 

  1. Eu non podía con aquel saco de cemento.

  2. Cando ela quería, puña unha cara de defunto estarrecedora.

  3. Daquela nunca diciades unha verdade.

  4. Segundo ti, eu era o que mellores notas levaba.

  5. Como non lle cabía todo na botella, bebeu o sobrante.

  6. Como non podiades conseguilo, non vos interesaba.

  7. Como iamos de vagar, non nos molestaba a xeada.

  8. Cando a situación se recompuña, houbo unha nova crise mundial.

  9. Cando me contradicían, saltábanme os nervios.

  10. Non sabía eu o que pasaría de alí en diante.

  11. Ías ao traballo cando te avisei da folga.

  12. Mentres traïamos os tixolos, eles ían facendo a masa.

  13. Viña eu tan despistado, que batín de fociños cun semáforo.

  14. En 1963 Alba tiña unha casiña na Lanzada.

  15. Como non conviñamos nada, disolveuse a xuntanza.

»Verbo 1
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2017
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com