ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 8. Verbo 1. Cambiar de persoa

  1. Non dá rematado a tarefa a tempo.

  2. Fas demasiadas cousas a un tempo.

  3. Non caibo dentro dos seus esquemas organizativos.

  4. Sempre fai as mesmas falcatruadas.

  5. Estou canso de te aturar, meu vello!

  6. Di sempre o que pensa.

  7. Non es quen de resistires os seus ataques.

  8. Non sei qué facer con tantos cartos.

  9. Son do máis esperto.

  10. Non vallo para afrontar estas responsabilidades.

  11. Vale máis do que pensa.

  12. Traio os repostos para a máquina.

  13. Con estes anteollos vexo de marabilla.

  14. Traes todo o pedido?

  15. Vai ver como anda o tempo.

  16. Vin con este novo grupo pop.

  17. Vin un espectáculo de maxia singular.

  18. Dei moito que falar aquel verán.

  19. Deu en chorar como nunca se vira.

  20. Veu con moita présa.

 

  1. Non damos rematado a tarefa a tempo. (el...)

  2. Facemos demasiadas cousas a un tempo. (ti...)

  3. Non cabemos dentro dos seus esquemas organizativos. (eu...)

  4. Sempre facedes as mesmas falcatruadas. (el...)

  5. Estamos cansos de te aturar, meu vello! (eu...)

  6. Dicimos sempre o que pensamos. (el...)

  7. Non somos quen de resistirmos os seus ataques. (ti...)

  8. Non sabes qué facer con tantos cartos. (eu...)

  9. Sodes do máis esperto. (eu...)

  10. Non valen para afrontaren estas responsabilidades. (eu...)

  11. Valedes máis do que pensades. (el...)

  12. Traemos os repostos para a máquina. (eu...)

  13. Con estes anteollos vemos de marabilla. (eu...)

  14. Traedes todo o pedido? (ti...)

  15. Imos ver como anda o tempo. (el...)

  16. Viñemos con este novo grupo pop. (eu...)

  17. Vimos un espectáculo de maxia singular. (eu...)

  18. Destes moito que falar aquel verán. (eu...)

  19. Demos en chorar como nunca se vira. (el...)

  20. Viñeron con moita présa. (el...)

»Verbo 1
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com