ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 7. Verbo 1. Transformar con quizais


  1. Quizais conclúa os traballos preparatorios.

  2. Quizais os convenzamos de contado.

  3. Quizais traduzamos algúns textos do italiano.

  4. Quizais nomeemos os máis capacitados para este posto.

  5. Con tanto ruído na rúa quizais toleedes.

  6. Quizais amontoen todo, coma sempre, no cuarto.

  7. Quizais roia todo o queixo.

  8. Quizais moiades o millo xa co novo muíño.

  9. No xantar de mañá quizais riamos coas túas historias.

  10. Quizais eles crean todas as túas afirmacións.

  11. Quizais saian antes os vermellos.

  12. Quizais cambie viño por aceite na Feira Franca de Pontevedra.

  13. Quizais afíe o coitelo para sangrar os porcos na matanza.

  14. Quizais nos substitúan por outras mellores.

  15. Quizais diluamos todos os compostos.

  16. Quizais durma como un rei esta noite.

  17. Quizais vos sirvamos con todo o luxo posíbel.

  18. Quizais caiba todo o viño dentro da pipa.

  19. Quizais digas unhas palabras de recibimento.

  20. Quizais vos afagades moi ben nesa vila tan agradábel.

  21. Quizais mañá traia o libro das normas de circulación.

  22. Quizais teñamos moito traballo atrasado polas vacacións.

  23. Quizais sexas a actriz máis coñecida de Galiza.

  24. Quizais poña os grelos a ferver polas doce.

  25. Quizais viñan todos os compañeiros á festa.

  26. Quizais alí poida facer o que lle pete.

  27. Quizais entón vallan moito máis do que hoxe.

  28. Quizais non saiba o que facer contigo nun lugar descoñecido.

  29. Quizais a Noite Vella vexamos a televisión ata as catro da mañá.

  30. Quizais extraiades algunhas conclusións do noso traballo.

  31. Quizais queiramos todos o mesmo asento no autobús.

  32. Quizais haxa frautas para todos os gustos.

  33. Quizais o resultado equivalla á suma do gastado.

  34. Penso que quizais os deteñan na alfándega.

  35. Á tarde quizais oiamos os resultados pola radio.

  36. Quizais vaiamos a Cuba este Nadal.

  37. Quizais faga todo o que ti esqueciches.

  38. Quizais te estean agardando na porta de Balaídos.

  39. Quizais me dean unha boa nota neste exame.

  40. Ao vérennos quizais fuxan a toda a présa.

  41. Quizais minta un pouco, segundo o seu costume.

  42. Quizais non caibamos todos en Pasarón.

  43. Quizais saiban polo xornal todo o que aconteceu co Deportivo.

  44. Quizais non che queira ninguén ese produto.

 

  1. Concluirei os traballos preparatorios.

  2. Convencerémolos de contado.

  3. Traduciremos algúns textos do italiano.

  4. Nomearemos os máis capacitados para este posto.

  5. Con tanto ruído na rúa tolearedes.

  6. Amontoarán todo, coma sempre, no cuarto.

  7. Roerá todo o queixo.

  8. Moeredes o millo xa co novo muíño.

  9. No xantar de mañá riremos coas túas historias.

  10. Eles crerán todas as túas afirmacións.

  11. Sairán antes os vermellos.

  12. Cambiarei viño por aceite na Feira Franca de Pontevedra.

  13. Afiarei o coitelo para sangrar os porcos na matanza.

  14. Substituirannos por outras mellores.

  15. Diluiremos todos os compostos.

  16. Durmirei como un rei esta noite.

  17. Servirémosvos con todo o luxo posíbel.

  18. Caberá todo o viño dentro da pipa.

  19. Dirás unhas palabras de recibimento.

  20. Afarédesvos moi ben nesa vila tan agradábel.

  21. Mañá traerei o libro das normas de circulación.

  22. Teremos moito traballo atrasado polas vacacións.

  23. Serás a actriz máis coñecida de Galiza.

  24. Porei os grelos a ferver polas doce.

  25. Virán todos os compañeiros á festa.

  26. Alí poderá facer o que lle pete.

  27. Entón valerán moito máis do que hoxe.

  28. Non saberei o que facer contigo nun lugar descoñecido.

  29. A Noite Vella veremos a televisión ata as catro da mañá.

  30. Extraeredes algunhas conclusións do noso traballo.

  31. Queremos todos o mesmo asento no autobús.

  32. Haberá frautas para todos os gustos.

  33. O resultado equivalerá á suma do gastado.

  34. Penso que os deterán na alfándega.

  35. Á tarde oiremos os resultados pola radio.

  36. Iremos a Cuba este Nadal.

  37. Farei todo o que ti esqueciches.

  38. Estarante agardando na porta de Balaídos.

  39. Darame unha boa nota neste exame.

  40. Ao vérennos fuxirán a toda a présa.

  41. Mentirá un pouco, segundo o seu costume.

  42. Non caberemos todos en Pasarón.

  43. Saberán polo xornal todo o que aconteceu co Deportivo.

  44. Non che quererá ninguén ese produto.

»Verbo 1
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2017
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com