ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 6. Verbo 1. Poñer en presente


  1. A avoa sente moito as túas desgrazas.

  2. A literatura galega rexorde no século XIX.

  3. Eses pillabáns méntenche descaradamente.

  4. Boles moito facendo os exercicios.

  5. Feren as perdices, mais non as collen.

  6. Axiña sobes as escadas ata o 3º andar.

  7. Os cans foxen co rabo entre as pernas.

  8. Agora sérvesme con moito agarimo.

  9. Acoden alí como as moscas ao mel.

  10. Advírtenme das dificultades do proxecto.

  11. Durmo moi a gusto escoitando caer a choiva.

  12. Xa sei que toses para demostrar o teu desgusto.

  13. Segues a cantar as mesmas cantigas.

  14. Encobren moi ben os feitos.

  15. Mide mal as distancias.

  16. Os veciños non consenten tales cousas.

  17. A Amantia loce un precioso pano bordado.

  18. Nada conseguen con eses argumentos.

  19. Moito lle fonde no traballo.

  20. Persegues os mesmos obxectivos ca min.

 

  1. A avoa sentiu moito as túas desgrazas.

  2. A literatura galega rexurdiu no século XIX.

  3. Eses pillabáns mentíronche descaradamente.

  4. Buliches moito facendo os exercicios.

  5. Feriron as perdices, mais non as colleron.

  6. Axiña subiches as escadas ata o 3º andar.

  7. Os cans fuxiron co rabo entre as pernas.

  8. Agora servíchesme con moito agarimo.

  9. Acudiron alí como as moscas ao mel.

  10. Advertíronme das dificultades do proxecto.

  11. Durmín moi a gusto escoitando caer a choiva.

  12. Xa sei que tusiches para demostrar o teu desgusto.

  13. Seguiches a cantar as mesmas cantigas.

  14. Encubriron moi ben os feitos.

  15. Mediu mal as distancias.

  16. Os veciños non consentiron tales cousas.

  17. A Amantia luciu un precioso pano bordado.

  18. Nada conseguiron con eses argumentos.

  19. Moito lle fundiu no traballo.

  20. Perseguiches os mesmos obxectivos ca min.

»Verbo 1
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2017
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com