ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 5. Verbo 1. Poñer en pasado



  1. Iso produciu uns efectos nefastos.

  2. Seica comiches demasiado caldo.

  3. Andaches un pouco acatarrado estes días.

  4. Estes coches non reducían ben nas baixadas.

  5. Andastes/andabades algo desviados, fóra do asunto.

  6. Introducimos unha nova variante?

  7. Canto me rin cos teus contos!

  8. Xamais lin os libros que escribiches.

  9. Perdoa, mais non che crin esas historias.

  10. Sempre pediades/pedistes cousas imposíbeis.

  1. Iso produce uns efectos nefastos.

  2. Seica comes demasiado caldo.

  3. Andas un pouco acatarrado estes días.

  4. Estes coches non reducen ben nas baixadas.

  5. Andades algo desviados, fóra do asunto.

  6. Introducimos unha nova variante?

  7. Canto me río cos teus contos!

  8. Xamais leo os libros que escribes.

  9. Perdoa, mais non che creo esas historias.

  10. Sempre pedides cousas imposíbeis.


ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2017
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com