ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 4. Verbo 1. Poñer en presente


  1. As túas declaracións non contribúen a aclarar o crime.

  2. Permanezo todo o ano atento ás evolucións da bolsa.

  3. Este ano distribúo eu os regalos entre os cativos.

  4. Non coñezo os teus amigos alemáns.

  5. Reproduzo algúns cadros dese pintor tan nomeado.

  6. Moito temedes a miña reacción.

  7. Esta semana conclúen as obras do garaxe.

  8. Conduzo con moito tino por mor da neve.

  9. Todas as noites metedes as ovellas na corte.

  10. Os paxaros cómenme case todo o millo da veiga.

  11. Ese lobo non traba a ninguén.

  12. Segundo as premisas, deduce a conclusión.

  13. Cando o collo coa man, escáldame.

  14. Colles o coitelo e cortas o touciño.

  15. Posúen as mellores motos do barrio.

  16. Amontoo os libros sen os colocar.

  17. Cambian o armario de cuarto.

  18. Afían as fouces antes de comezaren a seitura.

  19. Obedezo todas as túas ordes.

  20. Non os destitúen polos nosos asuntos.

 

    1. As túas declaracións non contribuíron a aclarar o crime.

    2. Permanecín todo o ano atento ás evolucións da bolsa.

    3. Este ano distribuín eu os regalos entre os cativos.

    4. Non coñecín os teus amigos alemáns.

    5. Reproducín algúns cadros dese pintor tan nomeado.

    6. Moito temestes a miña reacción.

    7. Esta semana concluíron as obras do garaxe.

    8. Conducín con moito tino por mor da neve.

    9. Todas as noites metestes as ovellas na corte.

    10. Os paxaros coméronme case todo o millo da veiga.

    11. Ese lobo non trabou a ninguén.

    12. Segundo as premisas, deduciu a conclusión.

    13. Cando o collín coa man, escaldoume.

    14. Colliches o coitelo e cortaches o touciño.

    15. Posuíron as mellores motos do barrio.

    16. Amontoei os libros sen os colocar.

    17. Cambiaron o armario de cuarto.

    18. Afiaron as fouces antes de comezaren a seitura.

    19. Obedecín todas as túas ordes.

    20. Non os destituíron polos nosos asuntos.

     


ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com