ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 3. Verbo 1. Valor dos tempos verbais


  1. Poderiades: cortesía; emprestar: sen referencia temporal nin modal.
  2. Faredes: obrigatoriedade; digan: coincidencia co futuro.
  3. tiver: acción futura con posibilidades de se realizar; irei: futuro.
  4. é: presente histórico.
  5. Había: copretérito narrativo.
  6. marchaches: mandato de realización inmediata.
  7. Podías: cortesía; deixar: sen referencia temporal nin modal.
  8. falou: pasado; recoñecera: feito anterior a outro pasado.
  9. asubiase: futuro en relación ao seu referente; tiven: pasado; dar: sen referencia temporal nin modal.
  10. Terás: cortesía.
  11. acompañe: optativo.
  12. vai: presente; asan: presente.
  13. chegues: futuro; marchou: acción anterior a un momento futuro.
  14. é: presente intemporal.
  15. Serán: incerteza.
  16. querería: cortesía; saber: sen referencia temporal nin modal; é: presente; pos: presente.
  17. tivese: feito irreal; daba: coincidencia co momento expresado polo outro verbo.
  18. Saio: presente habitual.
  19. comen: presente habitual.
  20. for: acción futura con posibilidades de se realizar; estudarei: futuro.
  21. neve: coincidencia co futuro; irei: futuro.
  22. habería: incerteza no pasado.
  23. cambiaremos: futuro.
  24. Pensou: pasado; gañaría: futuro con respecto ao pasado.
  25. quería: cortesía; saber: sen referencia temporal nin modal; é: presente; gustaron: pasado.
  26. Deixade: mandato; estar: sen referencia temporal nin modal.
  27. vou: futuro.
  28. eras: coincidencia cun momento do pasado expresado polo adverbio.
  29. sacou: pasado; Sacaría: resposta irónica.
  30. fales: mandato;berrando: acción simultánea á do verbo principal.
  31. Vendeu: pasado.
  32. Recollidas: función verbal, expresa pasado con relación ao verbo principal; vendeu: pasado.
  33. chegando: acción sucedida inmediatamente antes que a expresada polo verbo principal; pon: mandato.
  34. gañaba: acción habitual no pasado; facendo: expresa unha circunstancia do verbo principal.
  35. Podería: cortesía; deixar, pasar: sen referencia temporal nin modal.
  36. teñas: optativo.
  37. Había: copretérito narrativo; tiña: copretérito narrativo.
  38. invaden: presente histórico.
  39. dixeches: pasado; ías: futuro con referencia a un pasado.
  40. apuras: presente; entres: futuro; saíu: acción anterior a un momento futuro.
  41. cómese: presente habitual.
  42. pagarmos: sen referencia temporal nin modal; teremos: futuro.
  43. contaches: pasado; iamos: futuro con referencia a un pasado.
  44. regale: futuro; cobre: coincidencia co futuro.
  45. saíndo: acción sucedida inmediatamente antes que a expresada polo verbo principal; chámao: mandato.

 

  1. Poderiades emprestarme o chisqueiro?

  2. Faredes o que vos digan.

  3. Cando tiver tempo, irei a Rio de Janeiro.

  4. Nese ano Priciliano é decapitado en Tréveris.

  5. Había unha vez unha ra moi fea que...

  6. Xa marchaches! Fóra de aquí!

  7. Podías deixarme o teu dicionario de galego?

  8. Cando me falou, xa o recoñecera eu.

  9. Para que asubiase, tiven que darlle medio euro.

  10. Terás uns céntimos para min?

  11. Que a sorte te acompañe, meu vello!

  12. Hoxe vai unha calor que se asan os lagartos.

  13. A este paso, cando chegues, xa el marchou.

  14. O horizonte é infinito.

  15. Serán as dez e cuarto.

  16. O que eu querería saber é por qué te pos así.

  17. Se tivese un bo veleiro, daba a volta ao mundo.

  18. Saio da oficina ás tres.

  19. No entroido comen filloas e torradas.

  20. Cando for grande, estudarei para médico.

  21. Aínda que neve, irei aos Ancares.

  22. Onte habería unhas duascentas persoas no teatro.

  23. Este ano cambiaremos de coche.

  24. Pensou que así gañaría máis.

  25. O que eu quería saber é se che gustaron os doces.

  26. Deixade estar as cousas no seu sitio!

  27. Este verán vou a Lisboa mellorar o meu portugués.

  28. Daquela ti eras un rapazolo.

  29. Seica sacou moi boas notas. Sacaría...!

  30. Non me fales berrando así.

  31. Vendeu as patacas recollidas a un euro o quilo.

  32. Recollidas as patacas, vendeunas a un euro o quilo.

  33. En chegando, pon a cafeteira ao lume.

  34. Sempre gañaba facendo trampas.

  35. Podería deixarme pasar?

  36. Que teñas sorte!

  37. Había unha vez un rei que tiña tres fillas.

  38. No século VIII os árabes invaden a Península.

  39. Cando lle dixeches que ías á praia?

  40. Se non apuras, cando entres na estación, xa saíu o tren.

  41. No colexio cómese ás doce.

  42. Despois de pagarmos os impostos á Facenda, teremos uns dous mil euros.

  43. Por que lle contaches que iamos ao cine?

  44. Quizais che regale algo cando cobre o salario.

  45. En saíndo, chámao desde a cabina.


»Verbo 1
»Exercicio seguinte
ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2017
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com