ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 11. Verbo 1. Cambiar para pasado


  1. Pedinlle que fechase os ollos e abrise a boca.

  2. Dixo que estivera onte contigo.

  3. Afirmaron que se portara mal.

  4. Cando o vin, presenteille os meus saúdos.

  5. Tiven medo de que non aparecese por aquí.

  6. Pensaba que sacara uns bos rendementos.

  7. Era/Foi tan iluso que creu/cría que pintara un excelente cadro.

  8. Esta mañá non parecía/pareceu que o quixese coma sempre.

  9. Achegouse a el para avisar que o taxi chegara.

  10. Comunicaron que foras premiada.

  11. Coñecín poucos escritores que escribisen tan ben coma ela.

  12. Asegurou que te vira onte no río.

  13. Non che crin nada do que dixeches/dicías.

  14. Nunca pensei que foses ti.

  15. Aínda que andase rápido, non chegaría a tempo.

  16. Exhortou os soldados para que continuasen a loita.

  17. Non esperou a que chegases.

  18. Dixo que te levara onte no coche.

  19. Veu para dicir que xa comezara o filme.

  20. Coidou que aprobara o exame de conducir.

  21. Pedinche por favor que viñeses aquí.

  22. Como se alegrou de que lle viñesen os pais de Venezuela!

 

  1. Pídolle que feche os ollos e abra a boca.

  2. Di que estivo onte contigo.

  3. Afirman que se portou mal.

  4. Cando o vexo, preséntolle os meus saúdos.

  5. Teño medo de que non apareza por aquí.

  6. Pensa que sacou uns bos rendementos.

  7. É tan iluso que cre que pintou un excelente cadro.

  8. Esta mañá non parece que o queira coma sempre.

  9. Achégase a el para avisar que o taxi chegou.

  10. Comunican que fuches premiada.

  11. Coñezo poucos escritores que escriban tan ben coma ela.

  12. Asegura que te viu onte no río.

  13. Non che creo nada do que dis.

  14. Nunca penso que sexas ti.

  15. Aínda que ande rápido, non chegará a tempo.

  16. Exhorta os soldados para que continúen a loita.

  17. Non espera a que chegues.

  18. Di que te levou onte no coche.

  19. Vén para dicir que xa comezou o filme.

  20. Coida que aprobou o exame de conducir.

  21. Pídoche por favor que veñas aquí.

  22. Como se alegra de que lle veñan os pais de Venezuela!

»Verbo 1
»Exercicio seguinte

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com