ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 10. Verbo 1. De futuro para presente


  1. Logo veño polos resultados.

  2. Non cabe todo dentro da caixa.

  3. Xa dá o Paio o sinal acordado.

  4. Dino todo, sen ocultaren nada.

  5. Fas unha ponte para acurtar o camiño.

  6. Estes fan sempre as cousas ao revés.

  7. Non teño máis remedio que esquecelo.

  8. Saben moito, mais non o demostran.

  9. Vou en avión que é moito máis rápido.

  10. Propomos que renuncie a directiva actual.

  1. Logo virei polos resultados.

  2. Non caberá todo dentro da caixa.

  3. Xa dará o Paio o sinal acordado.

  4. Dirano todo, sen ocultaren nada.

  5. Farás unha ponte para acurtar o camiño.

  6. Estes farán sempre as cousas ao revés.

  7. Non terei máis remedio que esquecelo.

  8. Saberán moito, mais non o demostran.

  9. Irei en avión que é moito máis rápido.

  10. Proporemos que renuncie a directiva actual.



ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com