ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

FORMACIÓN DO PLURAL


1.- Palabras rematadas en vogal ou ditongo: engaden -s. pai/pai, ovo/ovos.

2.- Palabras rematadas en -r e -z: engaden -es. luz/luces, mar/mares.

3.- Palabras rematadas en -s e -x (ks): as agudas rematadas en -s engaden -es; mais se rematan en grupo consonántico ou -x (ks), permanecen invariábeis. As graves e esdrúxulas permaneces invariábeis. lugués/lugueses, tórax/tórax, lapis/lapis, mércores/mércores.

4. Palabras rematadas en -n: engaden -s. camión/camións, algún/algúns.

5.- Palabras rematadas en -l: os monosílabos engaden -es e os de máis de unha sílaba cambian o -l do singular por -is en plural (no caso de -íl, -ís). mal/males, español/españois, animal/animais, candil/candís.

Mais:

6.- Palabras rematadas noutras consoantes (cultismos e estranxeirismos): engaden -s

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2017
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com