ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 7. Substantivo e adxectivo: xénero e número


  1. Na paisaxe dese lugar sobresaen as árbores froiteiras.

    En ............. dese lugar sobresaen ............. (paisaxe, árbore, froiteiro).

  2. Esas leis publicáronse en varios xornais nacionais.

    Esas ............. publicáronse en varios ............. (lei, xornal, nacional).

  3. Na ponte grande hai algúns sinais de tráfico indescifrábeis.

    En ............. grande hai ............. de tráfico ............. (ponte, algún, sinal, indescifrábel).

  4. Comprou varios mandís azuis para as cociñeiras dos seus hoteis.

    Comprou varios ............. para as cociñeiras dos seus ............. (mandil, azul, hotel).

  5. Non podía aturar aquela dor de riles a pesar das inxeccións.

    Non podía aturar ............. de ............. a pesar das ............. (aquel, dor, ril, inxección).

  6. As palmeiras dan moitos dátiles saborosos, as colmeas mel e os burros couces dolorosos.

    As palmeiras dan moitos ............., as colmeas ............. e os burros ............. (dátil, saboroso, mel, couce, doloroso).

  7. As listas de reis godos son fáciles de memorizar para uns e difíciles para outros.

    As listas de ............. godos son ............. de memorizar para ............. e ............. para outros (rei, fácil, un, difícil).

  8. A pillaxe que aquí fixeron os capitáns piratas figurará nos libros da historia local.

    ............. que aquí fixeron os .............piratas figurará nos ............. da historia local (pillaxe, capitán, libro).

  9. Ás veces os nosos cónsules non podían remediar os males aos emigrantes.

    Ás ............. os nosos ............. non podían remediar os ............. aos emigrantes (vez, cónsul, mal).

  10. Algúns paxes dos reis paseaban polos pazos reais con traxes brancos.

    ............. dos ............. paseaban polos pazos ............. con ............. (algún, paxe, rei, real, traxe, branco)

  11. Boteille pouco sal á comida.

    Boteille ............. á comida (pouco, sal).

  12. A parella de gardas civís meteu o coche no garaxe mais deixoulle as luces acesas.

    A parella de ............. meteu o coche en ............. mais deixoulle as ............. acesas (garda civil, garaxe, luz).

  13. Cal é a cor do sangue dos animais?

    Cal é ............. de ............. dos .............? (cor, sangue, animal).

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com