ogalego.eu 
Anxo González Guerra
//Vitoria Ogando Valcárcel catedráticos de galego xubilados

Exercicio 6. Substantivo e adxectivo: plural


1.- Eses marroquís son uns homes que teñen unha cultura moi diferente á occidental.

Ese marroquí é un home que ten unha cultura moi diferente á occidental.

2.- Os mércores sempre tomamos uns cafés tranquilamente ante as televisións sen termos os mandís postos e mentres fumamos uns cigarros, xa que son os únicos días que non debemos traballar despois de xantarmos.

O mércores sempre tomo un café tranquilamente ante a televisión sen ter o mandil posto e mentres fumo un cigarro, xa que é o único día que non debo traballar despois de xantar.

3.- Os martes non vou ás piscinas municipais.

O martes non vou á piscina municipal.

4.-Eses reis ditaron unhas leis sorprendentes: obrigan os coroneis e os cónsules a presentárense os luns e os xoves ante a Comandancia da Garda Civil.

Ese rei ditou unha lei sorprendente: obriga o coronel e o cónsul a presentárense o luns e o xoves ante a Comandancia da Garda Civil.

5.- O nivel cultural e económico desas familias é aceptábel: todos teñen aneis e len algúns libros cada semana.

O nivel cultural e económico desa familia é aceptábel: todos teñen anel e len algún libro cada semana.

6.- Eses vales son moi fértiles e agradábeis, e teñen de todo. Alí podedes ver desde uns póneis ou uns bois pacendo ata uns hindús xogando ao hóckey nos xardíns dos hoteis.

Ese val é moi fértil e agradábel, e ten de todo. Alí podes ver desde un pónei ou un boi pacendo ata un hindú xogando ao hóckey no xardín do hotel.

7.- Hai uns farois municipais nos parques infantís, mais como están fronte aos cuarteis aínda se vai vendo.

Hai un farol municipal no parque infantil, mais como está fronte ao cuartel aínda se vai vendo.

8.- Eses cans son uns berróns, non fan máis que ladraren.

Ese can é un berrón, non fai máis que ladrar.

9.- Os goles marcados polos xogadores israelís non foron legais.

O gol marcado polo xogador israelí non foi legal.

10.- Din que as estrelas de mar non son hostís aos ollomoles.

Din que a estrela de mar non é hostil ao ollomol.

11.- Aqueles monxes paúis meteron uns libros nos baúis de cor azul.

Aquel monxe paúl meteu un libro no baúl de cor azul.

12.- Nos locais sociais deses organismos tómanse moitos cafés.

No local social dese organismo tómase moito café.

13.- Puxeron uns pernís sobre as mesas e dixeron que esas eran as súas credenciais.

Puxo un pernil sobre a mesa e dixo que esa era a súa credencial.

14.- Os roles desempeñados polos bemoles nos pentagramas son moi importantes. Foi o que dixeron eses doutores que son moi hábiles no manexo dos bisturís.

O rol desempeñado polo bemol no pentagrama é moi importante. Foi o que dixo ese doutor que é moi hábil no manexo do bisturí.

15.- Aqueles capiteis representan unhas escenas celestiais.

Aquel capitel representa unha escena celestial.

16.- Os martes sempre veñen algúns rapaces.

O martes sempre vén algún rapaz.

17.- Os corazóns senís tamén poden ser pasionais.

O corazón senil tamén pode ser pasional.

18.- Os lacóns están moi caros segundo os prezos oficiais.

O lacón está moi caro segundo o prezo oficial.

19.- Temos que mercar teas para uns lenzos brancos e uns calzóns azuis.

Teño que mercar tea para un lenzo branco e un calzón azul.

20.- Son uns edís admirábeis segundo os editoriais dos xornais dominicais.

É un edil admirábel segundo o editorial do xornal dominical.

21.- Os es poden ser unhas vogais abertas ou fechadas.

O e pode ser unha vogal aberta ou fechada.

22.- Son unhas flores comúns e fáciles de atopar en calquera verxeis.

É unha flor común e fácil de atopar en calquera verxel.

23.- Cazamos unhas perdices naqueles piñeirais.

Cacei unha perdiz naquel piñeiral.

24.- Esas fábricas téxtiles teñen unhas paredes anís.

Esa fábrica téxtil ten unha parede anil.

25.- Crese que os pardais son capaces de cantaren horas enteiras.

Crese que o pardal é capaz de cantar unha hora enteira.

26.- Poñede os manteis das mesas grandes e ide traendo os pementos crus.

Pon o mantel da mesa grande e vai traendo o pemento cru.

27.- Non nos gustan eses carteis, son iguais que os dos anos pasados e teñen unhas cores insufríbeis.

Non me gusta ese cartel, é igual que o do ano pasado e ten unha cor insufríbel.

28.- Os caracois de meus irmáns gañaron os campionatos mundiais, foron os máis áxiles e dóciles.

O caracol de meu irmán gañou o campionato mundial, foi o máis áxil e dócil.

29.- As explosións foron provocadas por uns gases letais.

A explosión foi provocada por un gas letal.

30.- A abertura gradual de oficinas bancarias farase tendo en conta a situación das sucursais existentes.

A abertura gradual de oficinas bancarias farase tendo en conta a situación da sucursal existente.

31.- Algúns procesos febrís esixen uns tratamentos delicados.

Algún proceso febril esixe un tratamento delicado.

32.- Con eses pinceis tan maos non ides poder pintar os bergantíns que se ven neses libros.

Con ese pincel tan mao non vas poder pintar o bergantín que se ve nese libro.

33.- Sempre foron uns amorais e uns intratábeis nos asuntos mercantís.

Sempre foi un amoral e un intratábel no asunto mercantil.

34.- Os antigos guaranís eran moi vitais e sempre andaban nus.

O antigo guaraní era moi vital e sempre andaba nu.

35.- Nunca vin homes máis papóns e lacazáns.

Nunca vin home máis papón e lacazán.

36.- Sempre serán uns heroes ocasionais os que resolvan as situacións de perigo.

Sempre será un heroe ocasional o que resolva a situación de perigo.

37.- Estableceron uns símiles moi difíciles de comprender.

Estableceu un símil moi difícil de comprender.

38.- Non nos convenceredes con esas razóns.

Non me convencerás con esa razón.

39.- Tiñan un oficio moi raro, andaban á caza dos saltóns e íanos metendo nuns fardeis, pero eles dicían que lles daban cartos.

Tiña un oficio moi raro, andaba á caza do saltón e íao metendo nun fardel, pero el dicía que lle daba cartos.

ogalego.eu
Índice de Exercicios de lingua galega
Pseudónimos galegos
2005-2024
Anxo González GuerraVitoria Ogando Valcárcel
Suxestións: ogalego@galicia.com